Permutas

Actualización da Bolsa de solicitantes de Permutas para profesorado con destino definitivo dos corpos de PES, PT, EOI...
Ven, 13/01/2012 - 14:00

Pódense ver neste apartado os datos do profesorado que solicitou formar parte da Bolsa de Permutas proposta desde o Servizo de Profesorado de Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas especiais. (A información móstrase agrupada por disciplinas e con indicación da data na que se fai a actualización). Tamén se xunta outra información de interese relacionada con este tema.

A ACTUALIZACIÓN DOS DATOS FARASE CADA CERTO TEMPO EN FUNCIÓN DAS SOLICITUDES QUE HAXA E DAS POSIBILIDADES e poderanse ver desde a entrada correspondente ás permutas no menú. Polo tanto rógase a tódolos solicitantes que non envíen as peticións repetidas e que, no caso de obter destino definitivo desexado ou de non querer formar parte desta base por outra causa soliciten a baixa da mesma ao noso correo electrónico persoal [dot] secundariaatedu [dot] xunta [dot] es para poder ofrecer a información o máis actualizada posible. No caso de querer facer algún cambio na solicitude tamén deben indicar que se trata dunha modificación.

Esta base de datos é unicamente para persoal CON DESTINO DEFINITIVO.