Lingua galega

Nova versión do corrector lingüístico e ortográfico da lingua galega "Galgo 2.0"
Lun, 10/09/2012 - 12:00

Corrector lingüístico e ortográfico da lingua galega "Galgo"Esta nova versión de Imaxin Galgo, aplicación pioneira para a corrección de textos en galego, actualiza e mellora esta ferramenta pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico intrínsecos a todo texto escrito no noso idioma. Así, é posible que se mesturen nun mesmo documento desde castelanismos, verbos mal conxugados, vulgarismos, erros propiamente ortográficos ou mesmo interseccións destas tipoloxías nunha mesma palabra.

Entre as actualizacións, destaca a modificación da base de datos segundo a norma aprobada no ano 2003 pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.