- A consellería nun clic
- Benvida do conselleiro
- Lei de transparencia
- Gabinete do conselleiro
- Gabinete de comunicación
- Secretaría Xeral Técnica
- Secretaría Xeral de Universidades
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Departamentos territoriais
- Órganos colexiados
- Información e servizos
- Ensinanza
- Tema
Gastos de funcionamento dos centros públicos
Lun, 26/09/2011 - 11:15
Dotación económica extraordinaria a varios centros educativos galegos para a atención ao alumnado procedente do estranxeiro e ao alumnado de minorías étnicas
Con motivo de recoñecer o traballo realizado por varios centros educativos galegos na atención ao alumnado procedente do estranxeiro e ao alumnado de minorías étnicas, faise unha dotación económica extraordinaria a estes centros. Para proceder á xestión desta dotación económica infórmase da documentación necesaria para a xustificación desta, así como do deber de investila, integramente, en actuacións para a diminución de desigualdades en materia educativa, en concreto na atención ao alumnado procedente do estranxeiro e/ou alumnado de minorías étnicas que se atopa escolarizado nos referidos centros educativos.
Documentos informativos e de xestión:
- Carta do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, informativa e de agradecemento pola labor desenvolvida nos centros para a diminución de desigualdades.
- Escrito do Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, con aclaracións da xustificación documental e orzamentaria desta dotación económica.
- Documento de instrucións para elaborar a referencia “Memoria final de actuacións para a atención ao alumnado procedente do estranxeiro e/ou ao alumnado de minorías étnicas durante o ano 2011”.
- Documentos coa relación de importes asignados a cada centro educativo con indicación do concepto para o que se establece o gasto. Catro documentos, un por cada provincia: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).
Para calquera aclaración poden dirixirse ao teléfono ou enderezo electrónico que se indica na documentación anterior.
Facturación agregada Telefónica á Consellería
Telefónica de España formulou unha oferta de desconto para a facturación agregada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dunha serie de liñas telefónicas de centros públicos de niveis non universitarios. Como consecuencia disto, algúns centros deixaron de recibir a facturación de unha ou máis liñas desde o 1 de xaneiro de 2011, xa que estes gastos son aboados directamente pola consellería a Telefónica, polo que nestes casos realizarase un axuste.
Para máis información, consulte os dous arquivos pdf que figuran a continuación:
Importes asignados aos centros públicos para gastos de funcionamento durante o ano 2011
Importes asignados aos centros públicos para itinerancias durante os anos 2009, 2010 e 2011
Nestes documentos relaciónanse os importes para o aboamento dos desprazamentos do profesorado itinerante para os anos 2009, 2010 e 2011 de acordo cos datos facilitados pola Subdirección Xeral de Persoal.
Na columna "Importe incluído en orzamento inicial" figuran as contías asignadas dentro dos gastos de funcionamento aos centros que o comunicaron antes do 31 de decembro do ano anterior.
Na columna "Importe tramitado como complementario" figuran as contías asignadas aos centros que o comunicaron despois da data indicada.
Para máis información sobre itinerancias: 981 544 482 - itinerancias
edu [dot] xunta [dot] es






Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds