- A consellería nun clic
- Benvida do conselleiro
- Lei de transparencia
- Gabinete do conselleiro
- Gabinete de comunicación
- Secretaría Xeral Técnica
- Secretaría Xeral de Universidades
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- Departamentos territoriais
- Órganos colexiados
- Información e servizos
- Ensinanza
- Tema
Máis de 2.600 escolares coruñeses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do Proxecto ABALAR na cidade e comarca
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentou aos directores dos centros de Coruña e comarca a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo
Ven, 14/05/2010 - 18:11
Máis de 2.630 alumnas e alumnos da Coruña e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Proxecto ABALAR para esta área, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e a xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén un forte compromiso coa comarca coruñesa, tal e como explicou o delegado territorial. Deste xeito, o vindeiro curso ABALAR chegará a 124 aulas de 47 centros educativos desta área. Así, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa para o profesor.
“Estas actuacións suporán un investimento de 2.080.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, que contribuirán, sen dúbida algunha, a mellorar de xeito significativo a calidade do ensino nos centros seleccionados”, destacou Diego Calvo.
Aposta por un cambio do modelo educativo
“A meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo”, explicou Calvo. A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais. Así o asegurou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.
No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.
Implicación e participación
Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.
Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos
No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.
Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.
Centros Proxecto ABALAR Coruña
| NOME | LOCALIDADE | CONCELLO |
| CEIP de Oza dos Ríos |
Oza (San Pedro) |
Oza dos Ríos |
| CEIP de Tarrío | Culleredo (Santo Estevo) | Culleredo |
|
CEIP Gonzalo Torrente Ballester |
Sigrás (Santiago) | Cambre |
| CEIP Labarta Pose |
Baio (Santa María) | Zas |
| CEIP Luís Seoane | Serantes (San Xián) | Oleiros |
| CEIP Portofaro | O Temple (Santa María) | Cambre |
| CEIP Sal Lence | A Coruña | Coruña (A) |
| CEIP San Marcos | Abegondo (Santaia) | Abegondo |
| CEIP TOTAL | 8 | |
| CPI As Revoltas | Canduas (San Martiño) | Cabana de Bergantiños |
| CPI O Cruce | Cerceda (San Martiño) | Cerceda |
| CPI Vicente Otero Valcárcel | Paleo (Santo Estevo) | Carral |
| CEIP Labarta Pose |
Baio (Santa María) |
Zas |
| 3 | ||
| CPR Andaina | Culleredo (Santo Estevo) | Culleredo |
| CPR Calasancias | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Calasanz - PP Escolapios | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Compañía de María | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Cristo Rey | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Hijas de Cristo Rey | Oleiros (Santa María) | Oleiros |
| CPR Hijas de Jesús | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Karbo | A Coruña | Coruña (A) |
|
CPR La Grande Obra de Atocha |
A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Liceo La Paz | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Montespiño | Rutis (Santa María) | Culleredo |
| CPR Ntra.Sra. del Carmen | Fisterra (Santa María) | Fisterra |
| CPR Peñarredonda | Elviña (San Vicenzo) | Coruña (A) |
| CPR Rias Altas | Culleredo (Santo Estevo) | Culleredo |
| CPR Salesiano San Juan Bosco | A Coruña | Coruña (A) |
| CPR Santa María del Mar | A Coruña | Coruña (A) |
| 16 | ||
| EFAG Fonteboa | Coristanco (San Paio) | Coristanco |
| 1 | ||
| IES Agra de Raíces | Cee (Santa María) | Cee |
| IES As Mariñas | Betanzos | Betanzos |
| IES de Curtis | Curtis (Santaia) | Curtis |
| IES de Mosteirón | Mosteirón (San Nicolao) | Sada |
| IES de Viós | Viós (San Salvador) | Abegondo |
| IES Elviña | A Coruña | Coruña (A) |
| IES Fin do Camiño | Fisterra (Santa María) | Fisterra |
| IES Francisco Aguiar | Betanzos | Betanzos |
| IES Isaac Díaz Pardo | Sada (Santa María) | Sada |
| IES Isidro Parga Pondal | Carballo (San Xoán) | Carballo |
| IES Manuel Murguía | Arteixo (Santiago) | Arteixo |
| IES María Casares | Oleiros (Santa María) | Oleiros |
| IES Maximino Romero de Lema | Baio (Santa María) | Zas |
| IES Monte das Moas | A Coruña | Coruña (A) |
| IES Paseo das Pontes | A Coruña | Coruña (A) |
| IES Ramón Caamaño | Muxía (Santa María) | Muxía |
| IES Ramón Otero Pedrayo | A Coruña | Coruña (A) |
| IES Salvador de Madariaga | A Coruña | Coruña (A) |
| IES Urbano Lugrís | Vilanova De Santiso (San Tirso) | Malpica de Bergantiños |
| 19 | ||
| TOTAL CENTROS | 47 | |






Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds