Gratuidade de libros de texto

Programa de libros de texto - Préstamo
Mar, 31/05/2011 - 11:00

 

Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por finalidade regular o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que se desenvolverá no curso escolar 2011/2012.

2. O programa ten como obxectivo facilitar ao alumnado, mediante o sistema de cesión de uso, os libros de texto  e materiais curriculares necesarios para cursar os estudos correspondentes aos anteditos niveis, de acordo coa relación de libros de texto incluídos no programa.

3. O programa será de aplicación a todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Non se inclúen neste programa aqueles libros de texto que en aplicación do disposto no artigo 13 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, cambian de lingua.

5. Non poderán adquirirse aqueles libros que, por calquera motivo, non poidan ser reutilizados polo alumnado durante catro cursos escolares, nin outros materiais de uso persoal  tales como cadernos de idiomas, de exercicios ou libros en que se escriba, pinte ou recorte, nin dicionarios, atlas, libros de titoría e outros materiais de características similares. 

6. Os centros educativos que optasen por substituír a adquisición dos libros de texto para unha ou varias áreas por materiais curriculares elaborados polo correspondente departamento do centro, poderán proceder á reposición destes por deterioración e incremento dentro dos límites máximos fixados no artigo sexto desta orde e sempre que non sexan materias que cambien de idioma. O importe destinado a esta actuación deberá acreditarse mediante factura que quedará arquivada no centro.

Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario.

 


 

Servizo(s) relacionado(s):