acreditacion

Acreditación de competencias profesionais

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Inicio

Este servizo web permite a xestión do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional.

 

 ¡NOVA! Remate da fase de acreditación e rexistro da convocatoria xeral 2017. Data 23 de xullo de 2017.

Prazo: Os certificados das unidades de competencia demostradas están dispoñibles dende o  24 de xullo de 2017.

Procedemento: Poderán descargarse dende o menú do "Solicitante" na pestana 2.2 <<Edición de solicitudes e consulta do expediente>> accedendo ao seu expediente onde aparecerá o Código de verificación electrónica (CVE) de cada certificado. Remitiuse un correo electrónico para confirmar a súa dispoñibilidade e informar sobre a forma de descarga.

______________________________________________________________________________________________

Inicio da fase de asesoramento. Publicación das datas de convocatoria á primeira reunión de grupo. Xestión forestal e do medio natural.

Accedendo ao seu historial, na pestana 2.2, poderá comprobar tamén a data de convocatoria.

______________________________________________________________________________________________

Convocatoria específica Xestión forestal. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídasData publicación: 02.06.2017

  - Acceso á información. 
 
Poderá consultar a súa situación nas listaxes no menú <<2.2 Edición de solicitudes e consulta do expediente>> accedendo ao seu expediente, logo de introducir os códigos que lle foron asignados na convocatoria. No caso de estar excluído por non cumprir os requisitos da convocatoria atopará esta indicación na pestana "Erros atopados na súa solicitude".
  
Prazo para realizar un recurso de alzada: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2017, ámbolos dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> dirixido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e posteriormente presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma, ou remitila por correo, segundo o establecido na normativa reguladora (artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

    ______________________________________________________________________________________________

Convocatoria específica UCs de CS Xestión forestal. Publicación das listaxes de solicitantes. Data de publicación: 22.05.2017.

 Prazo para realizar reclamacións: do 23 ao 24 de maio de 2017, ambos os dous incluídos.
 
Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude xuntando a documentación necesaria.
 
Para máis información debe acceder ao seu expediente na pestana 2.2 e abrir o link "Erros atopados na sús solicitude". 
 
De ter que presentar o Certificado de actividades desenvolvidas na empresa pode utilizar o seguinte formulario:
Anexo V en word ou Anexo V en pdf
 
 _______________________________________________________________________________________________

Convocatoria específica para axentes forestais en UCs de CS Xestión forestal. Data de publicación no Portal de FP: 27.04.2017

Prema para acceder á información.

  • A solicitude de participación no procedemento farase empregando esta aplicación infor­mática.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada, co resto da documentación, no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 28 de abril ao 11 de maio de 2017 (inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta consellería: días 1 e 2 de maio)A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 28 de abril de 2017.

Para realizar o rexistro dunha nova solicitude prema en <<2. Solicitante>> e posteriormente en <<2.1 Rexistro de solicitudes>>. Na listaxe de convocatorias co período de inscrición aberto prema na convocatoria Xestión forestal e do medio natural en <<Rexistrar unha solicitude>>.

O proceso de xeración de solicitude, realizarase en varios pasos: datos do solicitante, solicitude de unidades de competencia, formación alegada, experiencia profesional alegada, historial profesional e formativo e Currículum Vitae Europass e impresión da solicitude.

É moi importante que antes de proceder con cada un dos pasos lea atentamente a información que disporá na parte superior da pantalla o que sen dúbida lle axudará a realizar a solicitude correctamente.

Para completar ou modificar a solicitude unha vez rexistrada e antes da súa presentación prema en <<2.2 Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Poderá acceder logo de introducir o DNI e códigos solicitados.

 _______________________________________________________________________________________________

¡NOVAInicio da fase de asesoramento. Publicación das datas de convocatoria á primeira reunión de grupo. Data de publicación: 06/04/2017.

Accedendo ao seu historial, na pestana 2.2, poderá comprobar tamén a data de convocatoria.

 Taxas.

Taxas. Se vostede foi admitido para iniciar o proceso de acreditación de competencias, para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Para a fase de asesoramento o xustificante de pago entregarase ao inicio da reunión grupal. No seguinte enlace pode acceder a toda a información relacionada http://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas

Pode xerar o modelo A de autoliquidación de taxas, para presentar na oficina bancaria, no seguinte enlace Modelo autoliquidación.

 Códigos para cumprimentar o modelo A para a fase de asesoramento:
  •  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07.

  •  Delegación de Servizos Centrais: Código 13.

  •  Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.

  • Para a fase de asesoramento: Taxa denominación: Asesoramento do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304201.

A modo de exemplo oñemos aquí un modelo cuberto como exemplo modelo A de folla de autoliquidación de taxas cos códigos e importe cubertos Taxas_Asesoramento.pdf 

O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice, polo que será necesario tela realizada polo menos no día anterior.

O xustificante da taxa de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase, polo que non debe realizarse ata rematada a fase de asesoramento.

  _______________________________________________________________________________________________

 Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas por unidade de competenciaData de publicación: 29.03.2017

  - Ligazón ás listaxes
 
Prazo para realizar recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ámbolos dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> dirixido ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e posteriormente presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma, ou remitila por correo, segundo o establecido na normativa reguladora (artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

   ______________________________________________________________________________________________

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas por unidade de competenciaData de publicación: 10.03.2017

  - Ligazón ás listaxes
 
Prazo para realizar reclamacións: do 11 ao 15 de marzo de 2017, ámbolos dous incluídos.

 Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

 _______________________________________________________________________________________________

Publicación das listaxes de solicitantes. Data de publicación: 15.02.2017.
 
- Ligazón as listaxes
 
Prazo para realizar reclamacións: do 16 ao 25 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
 
Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación nesta mesma páxina, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude xuntando a documentación necesaria.
 
De ter que presentar o Certificado de actividades desenvolvidas na empresa pode utilizar o seguinte formulario:
 
 _______________________________________________________________________________________________

 Convocatoria do proceso de acreditación de competencias 2017. Data prevista de publicación no DOG: 12.01.2017.

Prema para acceder á información.

  • A solicitude de participación no procedemento farase empregando esta aplicación infor­mática.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada, co resto da documentación, no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017. A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.

Nota: Yahoo está rexeitando os correos electrónicos enviados dende a aplicación. Recoméndase o uso de contas de correo electrónico alternativas.

Para realizar o rexistro dunha nova solicitude prema en <<2. Solicitante>> e posteriormente en <<2.1 Rexistro de solicitudes>>. Na listaxe de convocatorias co período de inscrición aberto prema na convocatoria do ano 2017 en <<Seleccionar>>.

Os solicitantes que participaran en convocatorias anteriores dentro dos últimos cinco anos, e pasaran á fase de asesoramento e/ou de avaliación ou quedaron como reservas por non dispor de prazas vacantes, de participar na presente convocatoria e na mesma sede non terán que presentar a documentación xa achegada. Tamén poderán acollerse na aplicación informática á opción de rexistrar unha solicitude recuperando e actualizando a carga de datos, ou cargar unha solicitude de novo.

O proceso de xeración de solicitude, realizarase en varios pasos: datos do solicitante, solicitude de unidades de competencia, formación alegada, experiencia profesional alegada, historial profesional e formativo e Currículum Vitae Europass e impresión da solicitude.
É moi importante que antes de proceder con cada un dos pasos lea atentamente a información que disporá na parte superior da pantalla o que sen dúbida lle axudará a realizar a solicitude correctamente.

Para completar ou modificar a solicitude unha vez rexistrada e antes da súa presentación prema en <<2.2 Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Poderá acceder logo de introducir o DNI e códigos solicitados.

 ____________________________________________________________________________________________ 

  Información e orientación

  • Se desexa orientarse para solicitar aquelas unidades de competencias nas que pode ter máis opcións de ser avaliado positivamente, consulte os cuestionarios de autoavaliación premendo en <<2. Solicitante>> e posteriormente en <<Cuestionario de autoavaliación>> ou ben en formato PDF en www.edu.xunta.es/fp/cuestionarios-autoavaliacion

  • Para máis información sobre os ciclos formativos, módulos profesionais, unidades de competencia e especialmente que módulos se validan coas unidades de competencia que ten pensado solicitar, consulte os folletos informativos das familias profesionais de FP.

  • Relación de unidades de competencia convocadas e sedes do proceso de acreditación.

  • Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias (prevista a súa publicación no DOG o 12/01/2017).

  •  O modelo de curriculum vitae Europass poderá descargarse da aplicación unha vez cubertos os datos persoais.

 Folleto informativo

 Puntos de información e orientación

Departamentos de información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional.
Departamentos de orientación dos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan fomación profesional.
Subdirección Xeral de Formación Profesional.
Teléfonos:

981 544 400
981 544 376
981 546 566 

 Puntos de información dos centros educativos (Só información e orientación solicitando unha cita co departamento de orientación).

 Máis información  

MEC Fondo Social Europeo

 

 

 

 

Para resolver cualquera incidencia sobre a aplicación informática contacte coa U.A.C. no teléfono 881 99 77 01 ou no enderezo electrónico uac@edu.xunta.es

 

 


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto