Preguntas frecuentes

 

1. Presentación de solicitudes para a convocatoria 2021. Solicitudes e inscrición

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e requirirá da cumprimentación previa dos datos na aplicación informática que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.gal/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Isto significa que deberemos:

  • Rexistrar a solicitude empregando esta aplicación informática.
  • Presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O rexistro da solicitude na aplicación informática e a súa presentación na sede electrónica deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos, polo que necesitará autenticarse, será necesario polo tanto posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderase empregar calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/chave365 que é onde se indica o procedemento, medios e lugares para a súa obtención.
De utilizar a Chave 365 para autenticarse e presentar a solicitude saiba que tamén lle permitirá asinar a documentación requirida. No caso doutros certificados dixitais ou DNI electrónico necesitará descargar e instalar a aplicación "Autofirma" no seu ordenador.

Subir ao índice

2. Procedemento para rexistrar unha solicitude (obrigatorio mediante a aplicación informática)

O rexistro da solicitude deberá realizarse mediante a aplicación informática de xestión do procedemento que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.gal/acreditacion. Ao igual que para as anteriores convocatorias, realizarase a carga de datos relacionados coa formación e/ou experiencia profesional que se alega, así como daqueles relacionados co historial profesional e formativo. 
Recorde que para realizar o rexistro dunha solicitude na aplicación informática deberá autenticarse primeiro. Na parte superior dereita da pantalla debe premer no botón de acendido para autenticarse como se indica na imaxe seguinte. Axuda acceso aplicación

Elixa a forma de acceso para autentificarse. 

Unha vez autenticado/a acceda á pestana <<2.1 Rexistro de solicitudes>> no menú lateral esquerdo.

Unha vez dentro no menú da esquerda prema en <<2. Solicitante>> e posteriormente en <<2.1 Rexistro de solicitudes>>. Na listaxe de convocatorias co período de inscrición aberto prema na convocatoria do ano 2021 en <<Seleccionar>>. Unha vez seleccionada poderá elixir entre rexistrar unha solicitude nova, ou acollerse a opción de recuperar e actualizar a carga de datos para o caso de que se tivese presentado en convocatorias anteriores.

O proceso de xeración de solicitude, realizarase en varios pasos: datos do solicitante, solicitude de unidades de competencia, formación alegada, experiencia profesional alegada, historial profesional e formativo e Currículum Vitae Europass.
É moi importante que antes de proceder con cada un dos pasos lea atentamente a información que se disporá na parte superior da pantalla o que sen dúbida lle axudará a realizar a solicitude correctamente.

Unha vez rexistrada a solicitude e completada a carga de datos deberá premer na pestana “Pechar e enviar solicitude”. Na aplicación abrirase unha ventá para conectar coa sede electrónica (non se poderá imprimir a solicitude para presentala).

Subir ao índice

3. Procedemento para presentar a solicitude rexistrada (obrigatorio por sede electrónica)

O proceso de presentación da solicitude é moi sinxelo. Como se indicou antes, despois de pechar a solicitude a persoa interesada deberá premer na opción “enviar á sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma ( https://sede.xunta.gal) na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave365.

Antes de asinar e presentar debe xuntar á documentación requirida.

 

Subir ao índice

4. Presentación da documentación requirida (obrigatorio por sede electrónica)

A documentación requirida deberá presentarse xunto coa solicitude tamén por sede electrónica. Deberá polo tanto, xuntar un escanado da correspondente documentación acreditativa do xeito que se lle indica na sede electrónica. Recórdase que a documentación requirida fai referencia á experiencia profesional e/ou formación alegada en cada caso (informe de vida laboral actualizado, contratos de traballo ou certificados de empresa, certificados dos cursos de formación (non de títulos), e historial profesional e formativo no formato Curriculum Vitae Europeo (CVE)).

O certificado de empresa xérase, no formato establecido, desde a aplicación informática a partir dos datos cargados, ao igual que o currículo CVE.

Na seguinte ligazón tamén pode descargar o anexo II de certificación de actividades

Anexo II.- Formato pdf

Anexo II.- Formato odt

Subir ao índice

5. Comprobación de datos

A consellería comprobará automaticamente todos aqueles datos aos que a persoa solicitante autorice expresamente na súa solicitude, e polo tanto non tería que achegar ningún documento acreditativo deses datos (DNI/NIE, no caso de persoas estranxeiras, certificado de residencia en España, discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia e situación actual de desemprego).

Subir ao índice

6. Información e orientación

  • Se desexa orientarse para solicitar aquelas unidades de competencias nas que pode ter máis opcións de ser avaliado positivamente, consulte os cuestionarios de autoavaliación premendo en <<2. Solicitante>> e posteriormente en <<2.3. Cuestionario de autoavaliación>>
  • Para máis información sobre os ciclos formativos, módulos profesionais, unidades de competencia e especialmente que módulos se validan coas unidades de competencia que ten pensado solicitar, consulte os folletos informativos das familias profesionais de FP.
  • A relación de unidades de competencia convocadas do proceso de acreditación están dispoñibles en http://www.edu.xunta.gal/fp/acreditacion
  • O modelo de curriculum vitae Europass poderá descargarse da aplicación unha vez cubertos os datos persoais.

 Puntos de información e orientación

Departamentos de información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional.
Departamentos de orientación dos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan formación profesional.

https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/BuscaCentros.do

Subir ao índice