Termos e condicións

Normas e condicións de uso

Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderá participar todo o profesorado e alumnado do propio centro.

Os usuarios de Agueiro (profesorado e alumnado) deberán respectar en todo momento os seguintes termos e condicións de uso:

  1. Para poder ser usuario/a de Agueiro é imprescindible ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de educación primaria ou secundaria.
    Ademais, se o centro educativo ao que pertence o usuario xa dispón da súa propia comunidade educativa virtual dentro desta plataforma, poderá acceder a todas as funcionalidades específicas das comunidades.
    Non se permite o acceso a Agueiro a ningún usuario que non pertenza a un centro educativo galego, como profesor/a ou como alumno/a.
  2. A identificación do usuario de Agueiro está vinculada a unha conta de correo electrónico que, no caso dos alumnos, foi introducida durante o seu rexistro como usuario.
    Esta conta de correo electrónico deberá ser do seguinte xeito:
    • Para os profesores/as: será sempre a súa conta de correo corporativa "usuario@edu.xunta.es"
    • Para os alumnos/as: deberá ter sempre o formato "nome.apelidos@codigocentro.es", onde "nome.apelidos" serán o nome e apelidos reais do alumno e "codigocentro" será o código do centro educativo onde está matriculado ese alumno.

      IMPORTANTE: A conta de correo electrónico que se introduce para cada alumno co formato "nome.apelidos@codigocentro.es", serve únicamente para identificar e relacionar a cada alumno coa súa comunidade educativa (centro educativo).
      Esta conta non funciona nin funcionará nunca como conta de correo electrónico do alumno.
  3. Os usuarios con rol de "administrador" (un responsable do centro educativo) e rol de "xestor" (profesorado do centro educativo) deberán velar polo bo funcionamento da súa propia comunidade educativa virtual e o respecto das normas expresadas aquí.
  4. Nesta plataforma non se permiten comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido, non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos usuarios como o abuso, a intimidación, o acoso ou a ameaza.
  5. Non se permite transmitir a través desta plataforma calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola actual normativa da propiedade industrial e/ou propiedade intelectual.
  6. Todos os contidos e informacións publicadas en Agueiro por parte de calquera dos seus usuarios deben respectar os dereitos de protección de menores, así como tamén os referidos á integridade moral dos demais usuarios de Agueiro e de terceiras persoas.
  7. Non está permitido o uso desta plataforma con fins distintos aos estritamente educativos.
    Non se permite o uso con fins comerciais, intervencións con ánimo de lucro, nin a promoción ou difusión de ningún tipo de grupos ou asociacións políticas ou relixiosas.
  8. Ningún usuario de Agueiro pode usar esta plataforma con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados.

O incumprimento de algunha das condicións expostas anteriormente terá como resultado a expulsión inmediata do usuario desta plataforma e a cancelación da súa conta de usuario.
Os administradores de cada comunidade educativa virtual teñen a capacidade de executar este tipo de accións sancionadoras contra o usuario.
En calquera caso, os responsables de Agueiro, AMTEGA e a Consellería de Cultura, Educación e O.U. resérvanse o dereito de emprender as sancións e accións legais que se estimen oportunas en cada caso.