1. É obrigatorio asinar o permiso para que a Consellería acceda ós datos do IRPF?

Non, pero se non se asina o permiso e a Consellería de  Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades non ten constancia fidedigna dos ingresos familiares, a persoa solicitante non obterá puntuación no proceso de baremación, quedando excluída da convocatoria. As persoas que non desexen asinar o permiso, deberán achegar a certificación dos seus ingresos correspondentes ao ano 2022.

Subir ao índice

2. De que maneiras podo presentar a miña solicitude?

1)A través da Sede Electrónica

Será necesario dispor de calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou Chave365

- Entrarase ao formulario normalizado da aplicación AXUDASLE www.edu.xunta.gal/axudasle, a través da opción do menú “2. Realizar solicitude

- Cubra o formulario normalizado e, unha vez cuberto, seleccione a opción “Presentación Telemática En Sede Electrónica

- Deberase remitir como documento adxunto o Anexo II para o cal, tras imprimilo (dende a sección “Anexos asociados” da Sede Electrónica), cubrilo e asinalo, deberá converterse a formato pdf antes da súa remisión.

- Na opción de presentación telemática, a solicitude só se considerará presentada a través da súa sinatura na Sede Electrónica (htps://sede.xunta.gal/).

O resto da documentación remitirase en formato pdf como documentación adxunta.

 

    2) En Rexistro oficial ou Correos

    Entrarase ao formulario normalizado a través da opción do menú “2. Realizar Solicitude

    Cubra o formulario normalizado e, unha vez cuberto, seleccione a opción “Imprimir Para Entrega Por Rexistro Oficial”, poderá descargar DOUS documentos independentes en formato de PDF, correspondentes aos anexos I e II, que a/s persoa/s interesada/s deberá/n imprimir e asinar antes da súa remisión co resto da documentación. A solicitude e o anexo II teñen que ser asinados nos espazos indicados a tal fin. Despois deberá remitir os orixinais.

    Presentarase a solicitude, os anexos e o resto da documentación (certificación académica, etc.. ) nun rexistro oficial ou enviarase a través de Correos (sobre aberto para que o persoal de Correos sele a solicitude– Anexo I-).

    Enderezo de envío

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

    Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

    Servizo de Innovación e Programas Educativos

    AxudasLE

    Edif. Administrativo de San Caetano s/n

    15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

     

    Subir ao índice

    3. Onde podo consultar o estado da miña solicitude?

    O estado das solicitudes presentadas poderase comprobar a través do menú "3. Estado solicitude".

    Subir ao índice

    4. Como interpreto o estado da miña solicitude?

    - "En trámite" quere dicir que aínda non se comprobou a solicitude presentada.

    - "Solicitude descartada". Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.

    - "Solicitude validada" quere dicir que xa se comprobou a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.

    - "Solicitude incorrecta" quere dicir que deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa no seguinte enlace: Instancia para completar documentación

    Subir ao índice

    5. Que debo facer se a miña solicitude está incompleta?

    No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá imprimirse a través da seguinte ligazón:  Anexo II

    A presentación de documentación complementaria farase, a través da sede electrónica (A miña sede), nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.

    No caso de requirimento de documentación, esta poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    No caso do seu envío por correo, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o/a funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa remisión.

    No caso de que falte documentación para engadir á solicitude xa remitida:

    - Instancia para completar documentación. Instancia para engadir documentación

     

    Subir ao índice

    6. Quen ten que figurar no Anexo II?

    Deberá estar asinado polos seguintes membros da unidade familiar: (O/A alumno/a solicitante NON ten que cubrir o ANEXO II)

    - Os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou, no seu caso, a/as persoa/as titora/as do alumnado.

    - Os/as fillos/as de entre 16 e 25 anos de idade coa excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

    - Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    - Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos/as fillos/as que teñan en común.

    - A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

    - Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai ou persoa de situación análoga e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos anteriores.

    - Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación ou divorcio, excepto no caso de custodia compartida.

     

    ¿ Nota Anexo II

    - No caso de familias nas que conviva co alumnado un só proxenitor/titor, a solicitude acompañarase da xustificación documental das circunstancias alegadas no anexo I (alegacións circunstancias familiares).

    - Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poida dispoñer das informacións referidas neste anexo, non se lles esixirá aos interesados a achega individual de certificacións expedidas polas Administracións correspondentes.

    - No caso de non asinarse algunha autorización, deberá presentarse a documentación correspondente (copia do documento de identidade, certificación de ingresos do ano 2021, certificación de estar ao día de pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas, certificación de non ter débedas coa Seguridade Social, certificación de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, certificación de discapacidade ou certificación de pensionista de grande invalidez, segundo o caso).

    - Fotocopia de todas as follas cubertas do libro de familia.

    - Fotocopias dos documentos de identidade das persoas que non outorguen autorización para a verificación de identidade (no Anexo I e/ou no Anexo II).


         

          Subir ao índice

          7. Necesito pasaporte ou visado para viaxar?

           

          • É necesario ter o pasaporte en vigor para viaxar a Reino Unido ou Canadá.

          • Todo o alumnado que viaxe a Canadá deberá solicitar o documento ETA no momento que se lle adxudique a praza.

          • O alumnado con nacionalidade non española que viaxe a Canadá tamén precisará solicitar un visado.

          • Ao resto dos destinos (Alemaña, Francia e Portugal), ao pertenceren ao espazo Schengen, pódese viaxar simplemente con DNI en vigor.

           

          Subir ao índice

          8. Se a miña solicitude é seleccionada na listaxe definitiva, que documentación debo presentar?

          Se a túa solicitude resulta seleccionada, dispós de 5 días naturais a partir da data de publicación, para presentar a seguinte documentación: Instancia documentación ACEPTACIÓN PRAZA

          •  Instancia para aceptación ou renuncia á axuda.
          • Anexo III (Aceptación ou renuncia á axuda)
          • Xustificante bancario do pagamento
          • Copia do pasaporte (necesario para viaxar a Reino Unido e Canadá)
          • Visado en vigor (necesario para o alumnado con nacionalidade non española que viaxe a Canadá)

          Esta documentación remitirase por correo electrónico a axudasle@edu.xunta.gal con copia á empresa responsable das actividades. Ademais, deberase remitir dita documentación á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da sede electrónica, dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario.

            Subir ao índice

            9. Que documentación debo presentar para facer a miña solicitude?

            - Anexo I : Ten que estar asinado pola persoa representante (pai/nai ou titor/titora) ou polo/a alumno/a, no caso de ter a maioría de idade.

             

            - Anexo II : Deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar. Para os efectos desta convocatoria, terán a consideración de membros da unidade familiar.

            - No caso de non autorizar algunha consulta de datos, deberá presentarse a documentación correspondente (copia do documento de identidade, certificación de ingresos do ano 2022, certificación de estar ao día de pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas, certificación de non ter débedas coa Seguridade Social, certificación de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, certificación de discapacidade ou certificación de pensionista de grande invalidez, segundo o caso).

            - Certificación académica do curso 2022-2023, con cualificacións, tal como indica o punto 1 do Artigo 6 da Orde de convocatoria.

            - Fotocopia de todas as follas cubertas do libro de familia.

            - Fotocopias dos documentos de identidade das persoas que non outorguen autorización para a verificación de identidade (no Anexo I e/ou no Anexo II).

            Subir ao índice