axudaplicacion

Axudas das aplicacións

Portal Educativo da Xunta de Galicia
 

1. ¿Quen pode acceder a www.edu.xunta.es/datospersoais ?

Todo o persoal que teña unha conta de correo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pode consultar e actualizar nesta páxina web os seus datos persoais relativos a enderezos e teléfonos. Ademais, para o persoal docente esta aplicación permite consultar o seu expediente expediente persoal.

 

Subir ao índice

2. Que debo facer a primeira vez que accedo á aplicación web?

 

Se vostede é un dos docentes autorizados para modificar ou completar o seu expediente deberá ir á opción 3 do menú “As miñas instancias”. Haberá un botón “Ver expediente” e deberá premer sobre el unha vez e agardar un segundos. Crearáselle unha instancia que aparecerá  aberta (cadeado aberto)  na que vostede poderá consultar o seu expediente actual e modificar ou engadir o que considere oportuno. As modificacións poden facerse seguindo o menú que se propón ou as opcións que se indican en cada páxina coa opción "seguinte>"

Subir ao índice

3. Que estados pode ter a miña instancia?

A instancia pode ter cinco estados: aberta, pechada , eliminada, validada e consolidada

Aberta: Vostede poderá facer as modificacións no seu expediente que considere oportunas.

Pechada: Unha vez feitas as modificacións e alegacións novas que teña, deberá pechar a instancia para poder imprimila e entregala por rexistro xunto coa documentación que xustifique o que se alegou ou modificou.

Eliminada: Cando se elimina unha instancia ponse neste estado.
 
Validada: Cando as alegacións foron verificadas pola administración.
 
Consolidada: Cando os datos foron traspasados ao expediente persoal do docente e pode consultalos na opción do menú "Expediente electrónico"

Subir ao índice

4. Cando xerar unha instancia?

 

Unha vez completado o seu expediente deberá xerar a instancia para poder ver e  imprimir a solicitude que deberá entregar no rexistro.

Subir ao índice

5. Cando modificar unha instancia?

 

Debe escoller esta opción cando teña unha instancia xerada e desexe introducir ou modificar algún dato máis. Esta opción dálle de baixa a instancia que ten xerada e créalle unha nova en estado aberto con tódolos datos da instancia que tiña anteriormente. Non perde, polo tanto, os datos que vostede introduciu e pode seguir engadindo ou modificando o que cumpra.

Subir ao índice

6. Cando eliminar unha instancia?

 

Se desexa descartar todolos datos que vostede alegou e comezar unha instancia de novo a partires dos datos que están nas bases de datos de persoal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pode eliminar  a súa instancia para voltar ao comezo das alegacións. Pérdense, neste caso, os datos que teña alegados anteriormente.

Subir ao índice

7. Que datos se mostran na solicitude de modificación de datos?

 

Móstranse os datos alegados ou modifcados por vostede, os mesmos que se ven na opción do menú “Resumo de alegacións” e que se corresponden cos que teñen o valor M ou A na columna orixe.

Subir ao índice

8. Que significado ten a columna orixe que hai en todas as pantallas de listaxes?

 

 Pode ter 3 valores diferentes na columna de orixe dos datos: P, M, A

P: A información está nas bases de datos de persoal e polo tanto, se está ben, non hai que facer nada nin enviar nada sobre ese punto. Se se modifica hai que enviar o xustificante.
M: A información está nas bases de datos de persoal pero vostede considerou que non era de todo correcta polo que lle fixo algunha modificación. Deberase xustificar como se indicou anteriormente.
A: A información foi alegada por vostede xa que non estaba nas bases de datos de persoal. Ten que enviar os xustificantes xunto coa solicitude que se xerará desde a propia aplicación para ser rexistrada.

A solicitude, xunto con toda a documentación que se entregue, pode ser recollida e selada nos propios centros e dirixirase, á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria( Subdirección Xeral de Recursos Humanos -- servizo de persoal dos servizos de Primaria ou de Secundaria - segundo sexa o caso - nos prazos previstos.

Subir ao índice

9. Que cursos aparecen recuperados nesta aplicación de actualización de datos do expediente?

 

Esta aplicación web mostra cursos organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos últimos anos (en moitos casos desde o ano 1992). Se os cursos que se mostran non se correspondesen exactamente coa realidade deberán modificarse e enviara  xustificación deles.
No caso dos cursos que non aparecen, que poden ser por exemplo os organizados por outros organismos ou por Universidades, hai que introducir todos os datos para que consten na aplicación e se poidan baremar en sucesivos concursos.

Subir ao índice

10. Cando se complete todo o expediente, que documentación se debe presentar?

 

Recorde que no rexistro ou no seu centro deberá entregar, coa solicitude  de modificación de datos que xera a aplicación web,  os documentos xustificativos dos méritos alegados. Non debe mezclar follas de distintas solicitudes, se é o caso de que vostede xerou e deu de baixa varias instancias. Os cursos de formación deben ir ordenados e numerados na mesma orde que se mostran na solicitude (columna  Nº da solicitude).
 

Subir ao índice

11. Onde se pode entregar a instancia e a documentación xustificativa das alegacións ou modificacións que se fagan?

 

A solicitude, xunto con toda a documentación que se entregue, pode ser recollida e selada nos propios centros e dirixirase, á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Subdirección Xeral de Recursos Humanos -- servizo de persoal dos servizos de Primaria ou de Secundaria, segundo sexa o caso . Tamén se pode entregar en calquera dos sitios previstos na Lei 30/92 (rexistros, por correo, etc.)

Subir ao índice