Novas relacionadas coa aplicación

Novas de Autorizacións e permisos en BD


 

31/01/2012: Novidades da versión 3.0

Esta versión sufre un gran cambio estructural interno debido á reestructuración do rexistro de persoas da Consellería. Tanto a API de Autoriza como o núcleo da aplicación web pasan a empregar o código de persoa en lugar da referencia ao DNI/NIE/... que existía ata o de agora. Ademáis, existen algunhas novidades na parte de usuario:

  • Delegación de permisos a terceiras persoas. A partir desta versión, ademáis dos administradores propios de cada servizo web, terceiras persoas habilitadas por estos administradores poderán xestionar parcialmente permisos dentro do ámbito dese servizo. Esta posibilidade ten caracter recursivo a cuartas, quintas,... persoas
  • Reestructuración das pantallas de xestión de roles. Deseñáronse distintas pestañas para a xestión da información básica do rol, os datos de contextos asociados e a configuración da delegación de permisos
  • De cara aos administradores de autoriza, habilítase unha pantalla para buscar os permisos globais dun usuario en todos os servizos xestionados a través de autoriza, así como eliminar todos os seus permisos dos que autoriza ten acceso (cos grupos dinámicos de usuarios, estos permisos poden estar descentralizados)

Subir ao índice

28/12/2010: Novidades da versión 2.0

As principais diferenzas desta versión con respecto á versión anterior (1.7) son en esencia de carácter interno (reestructuración da API de autorización, incorporación de tests de integración, adaptacións para a chegada do DNIe, uso de JQuery en lugar de DWR para soporte AJAX, ...). Sen embargo, destacan algunhas novidades na parte de usuario:

  • Novo informe para comprobar as asociacións e activacións entre grupos de usuarios e roles de forma rápida
  • Buscas por rol na pantalla de xestión de permisos entre grupos de usuarios e roles
  • Os nomes dos grupos de usuarios, roles e funcionalidades xa non son sensibles a maiúsculas e minúsculas. Esto quere decir que o rol Admin, a partir de agora será considerado o mesmo que admin.
  • Adxúntase o enderezo electrónico ao lado de cada usuario na lista de usuarios que conforman un grupo de usuarios
  • Máis limpeza nas URLs eliminando parámetros xa non necesarios (derivados na maior parte dos casos do uso da librerías struts-dialog)
  • Correccións de bugs varios sobre todo no referente á xestión de contextos, grupos de usuarios e estandarización de páxinas web

Subir ao índice

07/07/2010: Novidades da versión 1.7

Dende a versión 1.3, estos son os cambios máis significativos sufridos en autoriza:

  • A xestión de usuarios pasa a depender dos datos suministrados polo servizo web contausuario
  • Reestructuración das pantallas de xestión de grupos de usuarios. Existen distintas pestañas para separar as xestións da propia definición do grupo, de usuarios e dos contextos
  • Novo informe para comprobar as asociacións e activacións entre roles e funcionalidades de forma rápida
  • Estandarización e aplicación dos novos estilos estándares da Consellería, incluíndo as novas mensaxes globais de satisfacción
  • Máis puntos de rexistros de auditoría interna para permitir identificar a autoría de cambios na xestión das autorizacións
  • Correccións de bugs varios sobre todo no referente á xestión de contextos, tanto en roles como en grupos de usuarios

Subir ao índice

16/11/2009: Novidades da versión 1.3

Nesta nova versión destaca, sobre todo, a reestructuración das pantallas adicadas á xestión de permisos, tanto a niveis de grupos de usuarios como a nivel de roles. Con esta nova estructura trátase de gañar axilidade á hora de manexar os permisos.

Ademais deste cambio, optimizáronse unha serie de procesos internos e levouse a cabo unha revisión de estandarización das pantallas do servizo.

Subir ao índice

18/09/2009: Xa se pode consultar a información de contexto dun usuario

Na versión 1.2.5 incluíuse a posibilidade de consultar a información de contexto asociada a un usuario. Desta forma pódese comprobar a que centro pertence, que cargo ocupa,... Esta opción foi incluída como parte do menú Utilidades > Consultas relacionadas a un servizo web

Subir ao índice

17/07/2009: Novidades da versión 1.2

Esta nova versión incorpora un bo lote de cambios. Estos son os mais salientables:

  • Novos campos para incluir observacións nos grupos de usuarios e nos usuarios incluídos neses grupos
  • Permite incluír persoas sen conta de correo corporativo (edu.xunta.es) nos grupos de usuarios
  • Posibilidade de ordenar en listados que mostran información sobre permisos
  • ....

 

Subir ao índice

20/06/2008: Información sobre os permisos temporais

A partir da versión 1.0.0 de Autoriza, defínense os permisos temporais, os cales permiten establecer permisos a usuarios de forma rápida (sen ter que crear grupos de usuarios ou incluso roles se se necesitasen), pero que terán unha data de caducidade, que en ningún dos casos pode superar os 10 dias.

Subir ao índice

20/06/2008: Información sobre o contexto

A partir da versión 1.0.0 de Autoriza, están dispoñibles os datos de contexto. Estos van permitir buscar información ligada ao usuario autenticado. Para empregala é necesario definir a información de contexto no rol correspondente e indicar se os datos se van a buscar a través da instanciación dunha clase ou mediante consultas SQL nos grupos de usuarios asociados a ese rol. Que os disfrutedes ;)

Subir ao índice