Novas relacionadas coa aplicación

Novas de Programa PIALE

17/10/2019: Fase A 2019. Francés, portugués, 2ª quenda inglés. Datas e lugares

 Vaise realizar a Fase A para o profesorado seleccionado nas actividades de integración en Portugal, en Francia e en Canadá. A Fase A vaise realizar entre os días 4/11/2019 e o 8/11/2019.

Achéganse as listas de profesorado e o CFR/CAFI que vai organizar a súa actividade formativa. Todo o profesorado recibirá información do CFR/CAFI que organiza a súa actividade formativa concretando os horarios e o lugar de celebración das actividades.

Os centros educativos deberán solicitar que se cubra a praza deste profesorado participante nas actividades do programa PIALE. O profesorado participante nas actividades de integración e que realice tamén a fase A, será substituído nas seguintes datas:

Portugal:  4/11/2019-05/12/2019. 
Francia:  4/11/2019-05/12/2019. 
Canadá: 4/11/2019-09/12/2019.

 O profesorado participante nas actividades de integración, pero que non realice a fase A, será substituído nas seguintes datas:

Portugal:  11/11/2019-05/12/2019. 
Francia:  11/11/2019-05/12/2019. 
Canadá: 11/11/2019-09/12/2019. 

 Lista profesorado fase A, Portugal

Lista profesorado fase A, Francia

Lista profesorado fase A, Canadá_2ª quenda

Subir ao índice

30/09/2019: Reunión informativas 2019

 Reunións Informativas

O día 9 de outubro de 2019, celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Santiago de Compostela,  reunións informativas sobre as actividades formativas que se desenvolverán no primeiro trimestre do curso 2019-2020 no estranxeiro, segundo a convocatoria relativa ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2019. Estas xuntanzas non teñen carácter obrigatorio. Con todo, é conveniente que as persoas participantes no programa PIALE asistan a estas xuntanzas para resolver as dúbidas sobre as características da estadía.

Día

Hora

Aula

Información sobre os cursos

9

16:00

Sala de exposicións (planta baixa)

Actividades en Portugal

7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, Fp e ensinanzas de réxime especial.

15. Lingua portuguesa  para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, FP e ensisnanzas de réxime especial.

9

17:00

Sala de exposicións (planta baixa)

Actividades en Francia

8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, FP e EEOOII.

9. Integración francés para profesorado CLIL de primaria, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.

14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.

9

16:00

Salón de actos

Actividades de inglés no Reino Unido

10. Inglés para profesorado especialista de primaria

11. Inglés para  profesorado especialista de secundaria, FP e EEOOII

12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria

13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial

9

17:00

Salón de actos

Actividades de integración en Canadá

1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.

2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e EEOOII.

3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.

4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.

5. Integración profesorado de inglés de EEOOII.

6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial.

Subir ao índice

24/09/2019: Fase A. Lugares de celebración e datas

Vaise realizar a Fase A para o profesorado seleccionado nas actividades de integración en Canadá. 

A Fase A vaise realizar entre os días 7/10/2019 e o 11/10/2019 para o profesorado que vai viaxar a Canadá no mes de outubro. Achégase a lista de profesorado e o CFR que vai organizar a súa actividade formativa. Todo o profesorado recibirá información do CFR que organiza a súa activiade formativa concretando os horarios e o lugar de celebración das actividades.

Os centros educativos deberán solicitar que se cubra a praza deste profesorado participante nas actividades do programa PIALE. O profesorado participante nas actividades de integración e que realice tamén a fase A, será substituído desde o día 7/10/2019 .

O profesorado participante na actividade de integración, pero que non realice a fase A, será substituído a partir do día de saída cara a Canadá.

Lista fase A integración inglés outubro

Subir ao índice

17/09/2019: Información reunión informativa e actividades 2019

As sesións informativas sobre as actividades do programa PIALE vanse desenvolver na EGAP, en Santiago de Compostela o vindeiro 9 de outubro.

A información concreta sobre as actividades que se van desenvolver no estranxeiro vai ser enviada, proximamente, ás persoas admitidas, a través do correo electrónico. Esta información será remitida por parte das empresas que van xestionar cada actividade.

As actividades de francés, portugués e os cursos de 2 semanas de inglés non empezarán antes do mes de novembro. As persoas seleccionadas para as actividades de integración de francés e portugués deberán facer a Fase A, na semana anterior á estadía no estranxeiro.

Subir ao índice

10/07/2019: Listas definitivas de persoas admitidas PIALE 2019

Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas en cada unha das actividades convocadas segundo a Orde do 7 de maio de 2019, pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2019:

0. Relación de persoas excluídas do procedemento

1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria (Canadá)

2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e EEOOII (Canadá)

3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato (Canadá)

4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria (Canadá)

5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII (Canadá)

6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial (Canadá)

7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e  ensinanzas de réxime especial (Portugal)

8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII (Francia)

9. Integración francés para profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesinal e ensinanzas de réxime especial (Francia)

10. Inglés para profesorado especialista de primaria (Reino Unido/Irlanda)

11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII (Reino Unido/Irlanda)

12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria (Reino Unido/Irlanda)

13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria. formación profesional e ensinanzas de réxime especial (Reino Unido/Irlanda)

14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (Francia)

15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (Portugal)

16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (Alemaña).

17. Lingua inglesa en Galicia para profesorado CLIL de primaria, secundaria formación profesional e ensinanzas de réxime especial (Galicia).

Subir ao índice

26/06/2019: listas provisionais programa PIALE 2019

 Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2019. A exposición destas listas abre un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte á publicación, para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 3 de xullo de 2019, incluído.

As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2019, código do procedemento ED305F, e picar en Accións, na opción alegacións ou renuncia, segundo corresponda. Ao picar en alegacións, poderán achegar a documentación que consideren. 

Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.

Listas de persoas admitidas e excluídas no programa PIALE 2019: