Novas relacionadas coa aplicación

Novas de Premios extraordinarios da ESO


 

25/10/2018: Publicadas as puntuacións provisionais dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal

Publicadas as puntuacións provisionais dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal.

O alumnado participante, ou os seus pais/nais ou representantes legais, poderá presentar reclamación contra a puntuación obtida, no prazo de dez días a partir do seguinte ao da súa publicación (art. 13.2 da orde de convocatoria).

Subir ao índice

22/10/2018: Publicada a relación definitiva de alumnado admitido e excluído dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal

Publicada a relación definitiva de alumnado admitido e excluído dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

Subir ao índice

04/10/2018: Publicada a relación provisional de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Publicada a relación definitiva de alumnado admitido e excluído correspondente aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18

De acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as, requirirase aos/as interesados/as para que, nun prazo de dez (10) días, subsanen a falta ou acompañen os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase desistido/a da súa petición e arquivarase esta logo de resolución que se deberá ditar nos termos do artigo 21 da citada lei.

Subir ao índice

19/09/2018: Publicadas as puntuacións provisionais dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

O alumnado examinado, ou os seus pais/nais ou representantes legais, poderá presentar reclamación contra a puntuación obtida, no prazo de dez días a partir do seguinte ao da súa publicación.
A reclamación presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do anexo II dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, a reclamación poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación da reclamación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Ademais, poderase adiantar o envío por correo electrónico ao enderezo premios@edu.xunta.es

 

 

 

Subir ao índice

28/05/2018: Publicada a resolución de nomeamento do tribunal e as instrucións para a realización das probas

 Publicada a Resolución pola que se designas os membros e se fai poública a composición do tribunal.

DOG do 28 de maio de 2018

Subir ao índice

11/05/2018: Publicada a orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Publicada a orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017/18

DOG do 11 de maio de 2018

Subir ao índice