Inicio

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 18 DE XUÑO

 

 

Rematado o prazo para que as persoas seleccionadas, incluidas nas listaxes definitivas publicadas no día 10 de xuño, fixeran o pagamento da achega familiar e remitisen a documentación de aceptación da axuda, comézase o chamamento do alumnado suplente.

 

As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na cal se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Para todos os solicitantes, a información referente ao pagamento poderán consultala a través da opción do menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa.

 

   

Prégase que o recibo de pago se axuste ao formato indicado. No apartado "Concepto" deberá facerse constar o número da solicitude e os apelidos e nome do/a alumno/a.

 

Suxírese que impriman o correo electrónico ou a información que atoparán no menú da páxina web do programa "3. Estado solicitude" para presentala como formato, no caso de facer o pago a través dunha oficina bancaria.

O alumnado que entre como seleccionado a través do procedemento de suplencia fará o pago da achega familiar e remitirá á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario (será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos se poida facer constar o selo e a data, antes de proceder á súa certificación postal), a seguinte documentación:

 

1. Instancia para aceptación ou renuncia á axuda. Acceso.

 2. Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo III. Acceso

3. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado a través do correo electrónico e no menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.

 

 

A empresa adxudicataria, unha vez recibido o pagamento, remitirá por correo electrónico a información sobre a estadía (horario de presentación, consellos de equipamento, etc.).

 As persoas que, unha vez feito o pago da achega familiar correspondente, aínda non recibiran a guía das actividades (información dos lugares de celebración, horarios, etc.), poderán poñerse en contacto coa empresa para solicitar o envío da guía informativa aos teléfonos e enderezos electrónicos seguintes (segundo as actividades e cursos):

2º BACH.

Inglés en Canadá

galicia.verano@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés no Reino Unido

cursos@cidi.com

Tlf: 914364380

Francés en Francia

laura@socratea.com

Tlf.: 689142820

Portugués en Portugal

kiara@socratea.com

Tlf.: 616374113

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

cursos@cidi.com

Tlf: 914364380

Inglés en Canadá

galicia.verano@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés en Canadá- Integración

galicia.integracion@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

Francés en Francia

laura@socratea.com

Tlf.: 689142820

Portugués en Portugal

laura@socratea.com


 

4º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

3º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

2º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

1º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 10 DE XUÑO

 

 

Publícanse as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na cal se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Para todos os solicitantes, a información referente ao pagamento poderán consultala a través da opción do menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa.

Prégase que o recibo de pago se axuste ao formato indicado. No apartado "Concepto" deberá facerse constar o número da solicitude e os apelidos e nome do/a alumno/a.

Suxírese que impriman o correo electrónico ou a información que atoparán no menú da páxina web do programa "3. Estado solicitude" para presentala como formato, no caso de facer o pago a través dunha oficina bancaria.

Ábrese un prazo de 5 días naturais para que os solicitantes fagan o pago da achega familiar e lle remitan á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través dun rexistro oficial ou mediante correo ordinario (neste caso, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que na oficina de Correos se poida facer constar o selo e a data, antes de proceder á súa certificación postal), a seguinte documentación:

1. Instancia para aceptación ou renuncia á axuda. Acceso.

 

 

2. Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo III. Acceso

3. Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria indicado a través do correo electrónico e no menú "3. Estado solicitude" da páxina web do programa. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia posterior.

A non xustificación do ingreso da cantidade indicada dentro do prazo implica a renuncia á praza adxudicada.

A empresa adxudicataria, unha vez recibido o pagamento, remitirá por correo electrónico a información sobre a estadía (horario de presentación, consellos de equipamento, etc.).


Unha vez rematado o prazo indicado, as prazas vacantes seranlles ofertadas ao alumnado suplente por chamamento directo aos teléfonos indicados na solicitude, seguindo a relación publicada de suplentes.

-          Listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes:

 

1º ESO. Acceso

2º ESO. Acceso

3º ESO. Acceso

4º ESO. Acceso

1º Bach. Acceso

2º Bach. Acceso

As persoas que, unha vez feito o pago da achega familiar correspondente, aínda non recibiran a guía das actividades (información dos lugares de celebración, horarios, etc.), poderán poñerse en contacto coa empresa para solicitar o envío da guía informativa aos teléfonos e enderezos electrónicos seguintes (segundo as actividades e cursos):

2º BACH.

Inglés en Canadá

galicia.verano@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés no Reino Unido

cursos@cidi.com

Tlf: 914364380

Francés en Francia

laura@socratea.com

Tlf.: 689142820

Portugués en Portugal

kiara@socratea.com

Tlf.: 616374113

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

cursos@cidi.com

Tlf: 914364380

Inglés en Canadá

galicia.verano@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés en Canadá- Integración

galicia.integracion@redleaf.es

Tlf.: 915479367

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

Francés en Francia

laura@socratea.com

Tlf.: 689142820

Portugués en Portugal

TOURGALIA

4º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

3º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

2º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

1º ESO

Inglés en Galicia

info@playandsay.org

Tlf.: 943469373

 

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 13 DE MAIO

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente.

Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 16 de abril, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 17.3 da Orde de convocatoria.

Anexo I: listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación:

1º ESO. Acceso

2º ESO. Acceso

3º ESO. Acceso

4º ESO. Acceso

1º Bach. Acceso

2º Bach. Acceso

Nota: a posición nas listaxes estará condicionada ás posibles reclamacións e, no seu caso, á presentación da documentación requirida, podendo variar entre estas listaxes e as definitivas.

Anexo II: listaxe de solicitudes que, unha vez validadas, precisan de remisión de documentación, especificada no estado da solicitude “14. Requirimentos pendentes”, relacionada coa comprobación de datos citada no artigo 8.1 (apartados c, d, e, f). Acceso

Os requirimentos pendentes poderán consultarse a través do menú desta páxina (sección "3- estado solicitude").

Ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación refirida no estado "14. Requirimentos pendentes", que deberá ser remitida á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional empregando o modelo de instancia correspondente e xuntando a documentación xustificativa que corresponda, por calquera dos procedementos establecidos no artigo no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso do seu envío por correo postal, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.

Modelos de instancias:

- Instancia para remitir a documentación requirida aos solicitantes relacionados no Anexo II. Acceso

- Instancia para reclamacións. Acceso

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 16 DE ABRIL

 

 

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Incorporáronse as solicitudes presentadas a través da Sede Electrónica ou cubertas sen ter gravado os datos na aplicación.O estado destas solicitudes poderase comprobar a través do menú "3. Estado solicitude".

No caso de requirimento de documentación, esta poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso do seu envío por correo, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa remisión.

- Solicitudes coa documentación correcta -Anexo I. Acceso.

- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II. Acceso

- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión -Anexo III.

             a. Solicitudes fóra de prazo. Acceso.

             b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria. Acceso.

No caso de solicitudes que precisen emenda nalgún aspecto (solicitudes incorrectas), a documentación que se require poderá consultala a través do menú "3. Estado Solicitude" da páxina web do programa.

No caso de que falte documentación para engadir á solicitude xa remitida:

- Instancia para completar documentación. Acceso

- No caso de ter que presentar o Anexo II, imprimirase a partir da seguinte ligazón: Acceso

No caso de ter xa remitida a documentación que se require, non é necesario que a volva a remitir.

O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobado a través do menú "Estado solicitude").

 

Nota:

Recoméndase que comproben no seu cliente de correo ou correo web que as mensaxes remitidas por axudasle@edu.xunta.es se reciban na caixa de correos principal e non na caixa de correos de "spam" ou "correo non desexado". No caso de que entrasen nalgunha destas últimas caixas de correos, poden marcarse como correo de confianza para asegurar a correcta recepción no futuro.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 21 DE MARZO

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, comprobe periódicamente o estado da súa solicitude (sección 3 do menú da páxina web do programa http:/www.edu.xunta.es/axudasle, “Estado solicitude”).

 As persoas solicitantes a través da Sede Electrónica (http://sede.xunta.es) ou cumprimentadas a man (non cubertas a partir da aplicación desta páxina web), poderán comprobar o estado da súa solicitude do mesmo xeito, posto que os datos desta integraranse na aplicación. As solicitudes cubertas a man poden tardar en irse incorporando á aplicación.

 

Explicación dos estados:

 - "En trámite" quere dicir que aínda non se comprobóu a solicitude presentada en formato papel (rexistro oficial ou Correos) ou dixitalmente na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal).

 - "Solicitude descartada". Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.

 - "Solicitude validada" quere dicir que xa se comprobóu a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.

 - "Solicitude incorrecta" quere dicir que deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa no seguinte enlace:

 instancia para completar documentación

 No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o anexo II, este poderá imprimirse a través da seguinte ligazón:

 Anexo II

A presentación de documentación complementaria farase nun rexistro oficial ou ben a través do correo postal. A instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo rexistro oficial ou polo servizo de correos.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 28 DE FEBREIRO

 

Información sobre o calendario e destinos de celebración das actividades convocadas.

 

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

Información lugar celebración/datas

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Publicaranse coa listaxe definitiva do alumnado seleccionado*

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

Centro Residencial Docente de Vigo / do 28 de xullo ao 10 de agosto

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

Centro Residencial Docente de A Coruña, do 28 de xullo ao 10 de agosto

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

325

Lugar: Centro Residencial Docente de A Coruña

Quendas*:

- do 30 de xuño ao 13 de xullo

- do 14 de xullo ao 27 de xullo

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

Lugar: Centro Residencial Docente de Vigo

Quendas*:

- do 30 de xuño ao 13 de xullo

- do 14 de xullo ao 27 de xullo

 

*Non se aprobarán solicitudes de cambio de quenda ou de destino.

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 27 DE FEBREIRO

Comunícase que xa están corrixidos os erros sinalados na nota informativa do 25 de febreiro, referidos á presentación na Sede Electrónica

 

Importante:

Solicitantes que elixiran a opción por Sede Electrónica (sede.xunta.gal)
: deberán comprobar, a través de "A miña sede" que asinaron as súas solicitudes e que aínda non permanecen como borrador. Así mesmo, no caso de ter que adxuntar documentación, a través da mesma "A miña sede" poden anexar a documentación que non fora anexada no momento da presentación da solicitude.
As solicitudes que non foran asinadas dixitalmente por esta vía non se considerarán como presentadas.

Solicitantes que, unha vez cuberto o formulario a través da aplicación "solicitar axuda" da páxina web http://www.edu.xunta.es e elixiran a opción "presentación en rexistro oficial": Deberán ter en conta que
a mera gravación dos datos na aplicación NON SUPÓN a presentación da solicitude que deberá presentarse, impresa e asinada (xunto co resto da documentación) nun rexistro oficial ou ben nos lugares indicados na Orde de convocatoria.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 25 DE FEBREIRO

 Comunicación de erros e aclaracións Anexo II.

 Solicitudes en borrador na Sede Electrónica (sede.xunta.gal):
1) O formulario non se presenta cuberto como corresponde aos datos indicados na aplicación da páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
- Estes datos serán comprobados polo Servizo correspondente, tendo en conta os datos indicados na aplicación; os erros corrixiranse polo citado Servizo.

2) O intento de asinar o borrador en sede electrónica resulta errado.
- Comunicada esta incidencia aos servizos informáticos, será corrixida o máis axiña posible. En canto estea corrixida, comunicarase a través desta páxina web para que os solicitantes poidan asinar os seus borradores na Sede Electrónica.

Así mesmo comunícase que, exceptuando nos casos nos que se alegue familia monoparental, separación ou divorcio sen custodia compartida, o Anexo II deberá ser asinado tanto polo representante (pai, nai, titor/a) que asinóu o Anexo I como polo cónxuxe ou persoa con similar relación.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 20 DE FEBREIRO

 A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Acceso á guía para cubrir a solicitude 

Acceso á informacion sobre a presentación electrónica

 

No caso de ter que engadir algunha documentación, con posterioridade á presentación da solicitude, debe achegar dita documentación xunto coa Instancia para engadir documentación. Acceso

- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto, procurando cubrir todas informacións indicadas na solicitude en letra lexible.

Nota Anexo II:  As persoas que elixan a opción "imprimir para entrega por Rexistro Oficial obterán DOUS arquivos en formato pdf (anexos I e II) que deberán imprimir e asinar no lugar correspondente. Deberase ter en conta que, de marcar cun “x” os cadros no anexo II, significa non dar autorización (e a obriga de presentar a documentación correspondente). A autorización entenderase deixando os cadros en branco e asinando no lugar correspondente.

- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:

 

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
 Prazo aberto dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo (incluído)
           

Achega das familias (€)

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

CUSTO POR PRAZA (€)

GRUPO A

GRUPO B

GRUPO C

GRUPO D

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

2.244,55

285

510

898

1.122

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2.000,13

254

454

800

1.000

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

2.244,55

285

510

898

1.122

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

Familia

30

3.367

428

764

1.347

1.684

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

755,04

96

171

302

378

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2.000,13

254

454

800

1.000

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

755,04

96

171

302

378

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

554,18

70

126

222

277

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

554,18

70

126

222

277

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

325

554,18

70

126

222

277

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

554,18

70

126

222

277

 
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:
981957296-981540287-981546544-881997424-881997497-881996112-981546504