Inicio

Presentación de solicitudes suspendida

 

 Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 

 

 A Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional convoca 200 prazas, 100 para 3º ESO e 100 para 4º ESO, para realizar actividades de formación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) en lingua inglesa no ano 2020.

Poderán solicitar estas actividades o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que curse 3º ou 4º de ensinanza secundaria obrigatoria no réxime xeral.

As datas, lugar e destinatarios destas actividades móstrase na táboa seguinte:

 

Quenda

Lugar

Datas

Idioma

Nº de alumnado

Curso

CRD

A Coruña

16-22 agosto de 2020

Inglés

100

3º ESO

CRD

A Coruña

23-29 agosto de 2020

Inglés

100

4º ESO

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web: https://www.edu.xunta.es/axudasst/, non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

O formulario de solicitude atoparase a partir do menú "2. Solicitar axuda"

Acceso á Orde de convocatoria

Prazo de solicitude: desde o 14 de marzo ata o 13 de abril do 2020 (incluídas estas datas)

CONSULTAS:

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.es/axudasst/

Correo electrónico: stemweek@edu.xunta.gal

Atención telefónica:

881997494 - 881997419 - 981546571 - 981546514