Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2007

Xa foron... as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2007 celebráronse tal e como estaba previsto. Os resultados a medio prazo iranse vendo, como xa pasou con anteriores convocatorias deste tipo, no traballo cotián do profesorado nos seus centros. As primeiras valoracións son todas positivas: pola asistencia de máis dun milleiro de profesionais dos niveis de educación infantil, primaria e secundaria; pola receptividade amosada aos contidos dos diversos relatorios; pola satisfacción manifestada nas pausas e ao remate das xornadas; pola alegría reflectida nos rostros da xente que descubría, unha vez máis, que son moitos e moitas os que están a traballar a prol das bibliotecas escolares galegas, a prol da promoción da lectura entre o alumnado, a favor dunha mellora da calidade educativa que se ofrece nos centros. Coas conclusións recollidas e lidas ao remate das xornadas, e as valoracións dos asistentes, elaborarase un documento en breve ao que se lle dará difusión a través deste medio.

xornadas bibliotecas escolares

Parecéronme unhas xornadas bastante "cansinas" demasiado teóricas, con pouco tempo para as experiencias dos centros e moito para as presentacións das diferentes conferencias.
Francamente esperaba outra cousa.

xornadas/encontros

Estanse a organizar dende o ano 2004, e de forma alternativa, xornadas e encontros de bibliotecas escolares de Galicia. No ano 2006 celebráronse os primeiros Encontros de Bibliotecas Escolares, con presentación de experiencias. Este ano 2007 tocaba xornadas... e urxía tratar xusto os temas que se trataron. O vindeiro ano, seguindo esta dinámica, organizaranse encontros, co fin de dar a coñecer experiencias dos centros.