21 de marzo: Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:  

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»

As bibliotecas escolares galegas contribúen a esta cuestión a través das súas propostas, que poden coñecerse visitando os seus blogues (Primaria - Secundaria). A modo de exemplo, algunhas destas actividades:

REDE LECTURA, o espazo de Litratura Infantil e Xuvenil que mantén a Asesoría de bibliotecas escolares, recolle unha selección de textos poéticos de referencia.