Declaración de Toledo sobre alfabetización informacional (ALFIN)

Profesionais da información e da educación do Estado español reuníronse en Toledo, en febreiro de 2006, convidados polo Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura de Castilla-La Mancha, nun seminario de traballo - Biblioteca, aprendizaxe e cidadanía: a alfabetización informacional -, co fin de analizar a aplicación do concepto e a situación dos programas de alfabetización informacional en España, así como para propoñer as liñas de actuacións prioritarias nos diferentes ámbitos territoriais. Tras o seu debate, acordaron difundir nos seus respectivos ámbitos de traballo a denominada DECLARACIÓN DE TOLEDO SOBRE A ALFABETIZACIÓN INFORMACIONA, co título, "Bibliotecas pola aprendizaxe permanente".

As bibliotecas escolares teñen unha función moi específica na formación da poboación escolar, desde os primeiros niveis educativos, nun uso autónomo e crítico das fontes informativas e das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo no alumnado habilidades para a aprendizaxe autónoma ao longo de toda a vida. Así o afirma a Declaración de Toledo ao sinalar:

- O sistema educativo obrigatoria é a base inicial para a capacitación no uso da información, polo que é preciso darlle protagonismo á biblioteca escolar como centro de recursos para a aprendizase e a adquisición de competencias. ´

Recoméndase unha lectura pausada e atenta de todo o documento, que se achega.

AdxuntoTamaño
DecToledo_GL2.pdf15.36 KB