Máis maletas!

Maleta: Manuel MaríaSéguese a aumentar o número de maletas viaxeiras que se poñen en circulación, a disposición daqueles centros que as desexen solicitar para poder así telas no centro en préstamo por un período de 30 días.

As 6 novas maletas incorporadas recentemente foron:

Banda deseñada Secundaria E, con 42 títulos.
Manuel María. Maleta que recolle 18 títulos e un CD sobre a obra do autor ao cal se dedica esta ano o Día das Letras Galegas.
Maletas de Inglés:
Inglés Primaria A e Inglés Primaria B: dúas maletas para primaria cunha selección de 25 e 24 títulos respectivamente e 5 CD's cada una.
Inglés Secundaria A e Inglés Secundaria B: dúas maletas para secundaria cunha selección de 20 e 19 títulos respectivamente e 8 CD's cada unha.

Aproveitamos para lembrar que estas maletas están localizadas nas dependencias da consellería, na Asesoría de Bibliotecas escolares, en Santiago de Compostela, polo que os centros que desexen participar deberán vir a recoller e devolver a maleta a esta localización (persoalmente ou a través dunha axencia de transporte), agás cando se desexe facer un intercambio directo entre os centros, tal e como se describe no Protocolo de  intercambio (PDF), previa consulta aos responsables da Asesoría de bibliotecas escolares.