cadp

Concurso de adxudicación de destinos provisionais

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Inicio


CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS. PRAZO ORDINARIO DE SOLICITUDES. ORDE DO 13 DE XUÑO DE 2017, DIARIO OFICIAL DE GALICIA DO 26 DE XUÑO DE 2017.

Prazo ordinario de solicitudes para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2017/2018 do persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e corpo de mestres, que non teña destino definitivo, do 27/06/2017 ao 17/07/2017, ambos inclusive.

LÉMBRASE QUE A SOLICITUDE DEBE CUBRIRSE A TRAVÉS DO ENDEREZO http://www.edu.xunta.es/cadp.

SOLICITUDE DE PRAZAS BILINGÜES: As persoas interesadas en solicitar prazas bilingües, deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude. Para habilitarse deben achegar unha solicitude e a documentación establecida na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo de 2016) .

SOLICITUDE DE PRAZAS DE ORIENTACIÓN: As persoas interesadas en solicitar prazas de orientación nos centros de educación infantil e primaria deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude.

INFORMACIÓN VACANTES NOS CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Todas as vacantes dos centros CRA que non sexan das especialidades de infantil ou primaria consideraranse itinerantes, polo que aquelas peticións a centros CRA en especialidades que non sexan de infantil ou primaria que non leven a marca de itinerante 'Si' non se terán en conta na adxudicación. Aqueles participantes que desexen optar a vacantes dos CRA noutras especialidades diferentes a primaria ou infantil deberán poñer nas súas peticións referidas a estes centros que aceptan vacantes itinerantes, mentres que para as vacantes de infantil ou primaria destes centros será opcional segundo prefira o participante.

As persoas interesadas que non estean habilitadas para solicitar prazas bilingües e prazas de orientación deberán remitir a documentación pertinente, previamente a formular a solicitude, aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación.

 Teléfonos de contacto:

 1) Profesorado de secundaria: 981545406, 981545407, 981545408.

 2) Mestres: 981544488, 981544482, 981545495.

 Correos electrónicos:

 Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

 Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

 

 


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto