Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019/2020) Celebramos o Día do Libro!

Este fermoso díptico da Consellería editado para conmemorar o Dia Mundial do Libro, ten a sorte de contar este ano coas fermosas palabras de Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura galega.

Nesta ocasión a celebracion deste día vai a ser un pouco especial porque a situación tamén o é, non podemos celebralo todos xunt@s na biblioteca do cole. Así que preparamos para vos dúas cousiñas: unha proposta e unha sorpresa!

proposta é que vos convirtades en escritores e escritoras e inventedes un conto! Pero ides ter unha pequena axuda: un dado! Este dado conta en cada cara cun elemento. Podes descargalo (tes o enlace ao final) e imprimir o dado ou facelo nunha folla, que é moi sinxelo. Recortádeo, pegádeo e listo para lanzar.

Lanzádeo tres veces e así teredes en total 3 elementos para incluir no voso conto. Se non podes facelo, escolle 3 elementos do dado, os que ti queiras! 

Con eses 3 elementos do dado debes inventar unha historia.

O alumnado de infantil en lugar de escribir o conto, fará un debuxo da historia e contarao nunha gravación de audio.

Estades preparad@s? Adiante!!

Enviade os vosos contos ao mail da biblioteca: serafinbiblioteca@gmail.com

E a sorpresa como é sorpresa tendes que estar moi atentos e atentas ao blog da biblioteca!! Xa veredes o que preparamos!


OS VOSOS CONTOS...


Autor: Diego, 6º de Primaria


Autor: Xián, 5º de Primaria


Autor: Óliver, 1º de Primaria


Autor: Iván, 5º de Primaria


Autora: Sara, 6º de Primaria


Autor: Iker, 5º de Primaria



Autor: Joaquín, 5º de Primaria


Autora: Yaiza, 6º de Primaria


Autor: Hugo, 5º de Primaria


Autora: Úrsula, 2º de Primaria


AdxuntoTamaño
CONTODADO.jpg46.28 KB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.