Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:
- Xa temos o primero proxecto de investigación do curso: Os dinosaurios [2]
- Primeiros descubrimentos sobre os dinosaurios. [3]
Fai xa algún tempo que non vos comentamos como vai a nosa investigación sobre os dinosaurios. Durante este tempo continuamos a recibir nova información, algunha dela elaborada coa axuda dos pais/nais dos compañeiros/as
Cando o foron traendo explicáronnos os que poñía na información que traía da casa... alí atopamos información moi interesante. Puxémolos no recanto da investigación.
Continuamos a buscar a resposta a tres novas preguntas, e novamente nos organizamos por equipos de investigadores.
Este equipo encargouse de buscar a resposta á pregunta:
Como desapareceron os dinosaurios? onde están hoxe?
Este outro equipo encargaríanse de buscar a resposta á pregunta Onde vivían os dinosaurios?
Por último o terceiro equipo encargaríase de investigar que comían os dinosaurios?
Para descubrir "como desapareceron os dinosaurios" o equipo empregou tódolos libros que tiñamos no recanto da investigación.
Os encargados de investigar "que comían os dinosaurios" empregaron os diferentes vídeos no ordenador (ver videoteca aquí [4]), alí "escoitando con moito coidado" foron anotando nunha folla o que escoitaban que comían.
O terceiro equipo, encargado de descubrir en "que lugares vivían os dinosaurios" empregaron as fotocopias que tiñamos no recanto da investigación, así como a información que ian atopando os outros equipos e lles ían pasando.
De cada "descubrimento" sobre cada pregunta que ían atopando iamos facendo unha fotocopia.
Cando rematamos de "escoller" a información que nos interesaba para cada pregunta, e dándolle aquela que lle podería interesar ós outros equipos, comezamos a "expoñer" os nosos descubrimentos para que todos souberan cal era a resposta.
En cada exposición, os demáis ían facendo as preguntas que ían xurdindo para aclarar de todo o tema.
Empregaron, para aclarar a exposición, toda a "documentación" que foran seleccionando que era interesante para responder a súa pregunta (fotografías, textos, debuxos...)
Chegou logo o momento de "contar" no noso mural a resposta a cada pregunta.
Xa sabemos que os dinosaurios xa non existen, porque morreron todos, os científicos creen que foi un meteorito que chocou conta a terra e co polvo que levantou, tapou o sol e morreron as prantas, logo morreron os hervívoros e finalmente morreron os carnívoros.
Descubrimos que os dinosarios vivían cerca de volcáns, en covas, en montañas e incluso dentro do mar.
Tamén que algúns comían "herva" e follas por eso se chamaban hervívoros, outos carne, que se chamaban carnívoros, outros peixes e algúns roubaban os ovos dos demáis.
Pouco a pouco estamos a completar o noso mural, e fomos escribindo "SI" naquelas que xa tiñan resposta... e aínda nos quedan algunhas por respostar.
Engadimos tamén novas páxinas ó noso dossier persoal para completar as preguntas que fomos descubrindo.