No mes de xaneiro, tres compañeiros da aula de Infantil 2 celebraban o seu aniversario, xa desde o comezo do mesmo tivemos anotado no calendario da aula de E.I.2 o día en que iamos celebralos.
Como sempre os homenaxeados ían facer unha tarta para invitar ós seus compañeiros e compañeiras, así que elexiron unha das receitas do noso libro [2].
Entre todos fomos lendo a receita [2] para repartir os ingredientes entre os tres compañeiros e compañeiras que cumprían anos.
Un día antes da celebración fixemo-las nosas trufas de chocolate con formas, eso si sen gluten para que tamén puidese comelas unha compañeiras celíaca.
Seguimos os pasos da receita [2] ata que conseguimos rematar as nosas trufas.
Metémolas na nevera ata o día seguinte.
O día da celebración fomos a buscar as trufas que xa estaban listas.
Cantámoslle a canción, contamos e sopramos as candeas da nosa idade. YESSICA e NOA necesitaron cinco candeas.
Para IAGO tivemos que quitar unha das candeas porque cumpría catro anos.
Un a un fómolas probando e... estaban boísimas.
Algúns ata quixeron repetir, eso si compartindo as que quedaban.
E como sempre, despois das trufas, continuamos a festa con patacas fritidas, gusanitos e zume... todo elo por suposto sen gluten.
Agora tan só nos queda agardar ata o vindeiro mes, en que celebraremo-los cumpreanos do mes de febreiro.