Este mes cumprían anos SARA, DAVID, MARCOS e AITANA, e como sempre celebrámo-lo cunha fantástica tarta que fixeron os homenaxeados cos ingredientes que trouxeron da súa casa.
Elexímos unha das receitas do noso libro (que podes ver aquí [2]), eso si con ingredientes sen gluten, e un día antes da celebración puxémonos mans á obra
Seguindo as instruccións da receita primeiro mollamos as galletas en leite.
Fómos alternando unha capa de galletas con unha de natillas e nata, e sobre elas unha capa de chocolate fundido.
Metimos a nosa tarta no frigorífico que había na sala de mestres e mestras, ó día seguinte xa nos encargaríamos de decorala con Lacasitos e anacos de plátano.
Preparamos unha pequena tarta especial para unha compañeira que é celíaca, e que non tiña a última capa de chocolate.
Ó día seguinte, despois de decorar a nosa tarta con Lacasitos e anacos de plátano, chegou o momento de soprar as seis candeas e de recibir as felicitacións dos nosos compañeiros e compañeiras.
Os homenaxeados foron repartindo anacos de tarta a aqueles compañeiros e compañeiras que querían probala.
Rematamos a nosa festa, despois de probar a tarta, con zume, gusanitos e patacas fritidas... que por suposto eran tamén sen gluten.
Como celebrarémo-los cumpreanos do mes de abril... xa o contaremos noutra entrada chegado o momento.