No pasado mes de decembro comezamos este novo proxecto de Investigación, que á volta das vacacións retomamos.
Como o estamos compaxinando con outras propostas: a paz, nun taller de experimentos e a preparación do Salón do libro, imos moi amodiño con él e a nosa tarefa final será a elaboración dunha curtametraxe de cine mudo.
Nunha sesión na aula de informática visionamos unha serie de fotografías de retratos de homes con diferentes características e unha casi común a todos: o bigote.
Enseguida identificamos a Chaplin, e establecimos uns diálogos en torno ás similitudes e diferencias destas imaxes, identificando a que estaría fora de lugar neste conxunto e para iso tivemos que observar moi detidamente.
Chaplin é unha persoaxe que a todos nos gusta e ante a pregunta QUÉ SABEDES DE CHAPLIN? descubrimos que o que sabíamos era o que víramos nalgunha foto ou video pero...sería realmente así?
-Sé que es Chaplin porque lo vi en la tele.
-Nunca habla.
-Siempre, siempre falla en las cosas, un chico le pega, no cabe por la puerta...
-Trabaja mucho, lo sé porque vive en una fábrica y trabaja allí.
-Siempre lleva bastón y cuando no tiene bastón se cae.
-Es muy gracioso.
-Una vez él y un niño jugaban a piratas.
-Chaplin no tiene bigote, me acabo de dar cuenta de que en esta foto sí.
-Sí que tiene bigote.
-Me he enterado de una cosa. Éste es Chaplin cuando era viejo. Cuando iba muriendo le nació un bigote.
-Vive en una casa destruida.
-Con un molino.
Ante a pregunta ¿QUÉ QUEREDES SABER?
-Sobre a súa vida.
Cómo era de pequeno, cómo eran os seus pais, irmáns. Se tiña fillos.
-Se vive ou morreu.
-Ónde vivía.
-Qué películas fixo.
-Cómo se fai unha película. Cómo é un equipo de grabación.
-Ademáis da cámara e o escenario qué se necesita?
Decidimos que podíamos buscar información en libros, revistas, contos, películas, ordenador e internet, preguntando en casa...
E despois de enviar unha nota a casa pedindo axuda na búsqueda de calquera tipo de información, fumos traendo á escola todo aquilo que atopamos e contándolle aos demáis en qué consistía:
Tamén Nayra nos achegou información nun pen drive, que visionamos na pizarra, contándonos con quén a buscou e ónde.
Escritas as ideas previas e as preguntas que nos plantexamos no noso mural, lle fixemos un longo marco decorativo con siluetas diminutas de Chaplin, que recortamos e pegamos nel.
E comezamos a ver algúns dos videos de Chaplin [11] que temos na web do noso cole, no apartado videos, fixándonos na súa forma de vestir
-con ropa de casado, de novio.
-siempre la lleva negra y nunca se cambia.
-nunca se quita el sombrero.
-nunca, nunca, nunca se pone el pijama. Sólo se quita la ropa y se deja el pijama.
-como un mayor.
E na súa forma de moverse..
-anda así porque tiene mucha prisa.
-Tiene una pierna mal. Por eso siempre lleva el bastón.
-Sí, le duele una pierna.
-Porque seguro que se cayó.
-Nunca posa el bastón.
e xogamos a camiñar como Chaplin, botando os pés hacia os lados e movéndose deprisa.
Despois de observar diversas fotografías de retratos de Chaplin con diferentes expresións, recompuxemos un puzzle da súa cara, pero as pezas estaban todas mezcladas e cada un tiña que buscar as súas, só sabíamos que tiñamos 6 pezas os de 5 anos e 4 pezas os de 4.
Os máis pequenos tamén formamos o crebacabezas pero as nosas non estaban todas mezcladas coas dos compañeiros.
Unha vez montado, pegamos as letras do seu nome na orde axeitada.
Debuxamos con témpera negra no noso block a cara de Chaplin.
E como no libro que trouxo Alberto onde saen moitas das pelis que fixo Chaplin hai moitas fotos súas, escollemos unha imaxe del cunha expresión da cara que nos gustase e apuntamos a páxina desa imaxe para que logo a profe fotocopie todas, pois faremos unha actividade máis adiante con estas imaxes.
Por equipos tamén levamos a cabo unha actividade coa témpera que consistía en pintar o retrato de Chaplin con distintas cores como facía Andy Warhol. Vimos antes na pantalla os seus retratos, que nos fixeron moita gracia, e xa listos, comezamos coas nosas.
As nosas obras comezaron moi ben, pero a medida que ía pasando o tempo custounos máis seguir unha orde e non pintar sobre o pintado así que a repetiremos esta vez seguindo outras pautas e con outros materiais.
Pero nos sirveu esta actividade para levar a cabo unha proposta cooperativa e na autoavaliación nos paneis, comprobar algunhas das cousas que temos que mellorar.
E tamén comezamos a buscar as respostas ás nosas preguntas.
Escoitando un video que está na web con algunha información e algunha lectura da información traída de casa, descubrimos que Chaplin xa morreu, aos 88 anos, que naceu en Londres, que lle deron un premio Oscar ou que tiña un irmán e os seus pais eran artistas de music hall e Chaplin con 5 anos participou nun espectáculo dos pais, sustituíndoos.
E tamén por equipos eliximos qué resposta escribir no mural, buscando nas fotocopias algunha fotografía que nos viñera ben ou en internet en google.
(aquí o equipo das flores busca unha fotografía da cidade de Londres e un mapa)
Escritas as respostas no mural, contamos aos compañeir@s o que anotamos no mural e cómo traballamos en equipo, dándonos conta do que tiñamos que mellorar na próxima proposta. [27]
En algún equipo precisamos axudarnos uns ós outros para falar aos demáis, como neste caso no dos cans, que Iker lle recorda a Lara e Lucas o que fixeron eles, para que o expliquen aos compañeir@s.
Cos vídeos que vimos dalgunha das pelis, establecimos diálogos sobre o que acontecía nelas e despois de escribilas entre todos no mural tamén as anotamos no noso dossier xunto coa foto da película e un debuxo dalgunha delas.
(pendiente de foto)
Levamos a cabo unha serie de sesións de "xogar a pensar" con distintas escenas da película de Chaplin "El chico" , ademáis de dramatización, que vos achegaremos nunha próxima entrada.
E continuamos a dar resposta as nosas preguntas, que áinda nos quedan moitas!!