Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:
27/11/14: Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película [2]
5/12/14: Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin [3]
24/01/15: (2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación [4]
21/03/15: (2014-2015) Rematando a investigación sobre Chaplín para comezar a preparar a rodaxe da nosa película [5]
E por suposto podes ver o proceso creción e rodaxe da nosa película nas seguintes entradas:
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin" [6]
01/05/15: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer? [8]
Despois de todo o que traballamos e investigamos sobre Chaplin e unha vez rematamos de preparar e rodar a nosa pregunta, quedaban aínda algunhas pequenas cousas que rematar da nosa investigación, antes de levar a cabo a estrea da nosa película por todo o alto, tanto para os pais/nais e compañeiros/as, como na web.
Visionamos as nosas grabacións, como o baile dos "panciños", que podes ver nas entradas precedentes e a nosa película xa rematada.
Anotamos no noso mural da investigación, quenes asumiron os diferentes roles dentro do noso equipo de rodaxe.
Pegando a fotografía de cada un parella ou grupo, no rol que xa tiñamos pegado no mural como resposta á pregunta de "como se rodaba unha película". Agora xa o sabemos de primeira man, e puidemos completar esa resposta con "feitos reais".
Engadimos esta información ó noso dossier personal, recortando as fotografías.
E pegándoas nun "libro de rodaxe" xunto á imaxe que se correspondía cos distintos roles, escribindo o seu nome. Agora xa estaba rematada a nosa investigación.
Ademais tamén acadamos o noso obxectivo, "rodar unha película como as de Chaplin", pero aínda quedaba por organizar e preparar a presentación ó público da película... moi pronto poderás vela nesta web e xa vos contaremos como foi a "estrea para as familias", como sempre nunha entrada futura.
Se queres descubrir todo o que averiguamos, tanto nos, como os nosos compañeiros de infantil 1, tan só tes que pasarte polo corredor de infantil, onde atoparás todo isto (e se aínda non o fixeches podes sacarte unha foto no noso fotomatón)