Como xa sabedes durante as últimas semanas nas aulas de infantil, ademais de facer outras moitas cousas, estivemos investigando sobre Chaplin para planificar, crear e rodar a nosa propia película.
Podes coñecer o proceso de investigación nos recantos de Infantil 1 [2] e Infantil 2 [3], nas diferentes entradas, e proceso de creación desta película nas seguintes publicacions:
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin" [4]
01/05/15: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer? [6]
CREANDO A INVITACIÓN PARA AS FAMILIAS:
Coa nosa película xa lista chegou o momento de presentala ó "gran público", por suposto as nosas familias tiñan que ser as primeiras en poder visionala.
Acordamos que sería o día 14 ás 16:00 horas da tarde e así o anotamos nos calendarios das dúas aulas.
Completamos unha invitación, con forma de claqueta, coa data, lugar e hora onde tería lugar esta primeira proxección e, por suposto co título da película
Limos tamén o que poñía pola parte de dentro da invitación, e sorprendeunos ver un código QR como os que xa coñecíamos de empregalos noutras ocasións. Empregando o móvil do profe puidemos ver que ese código permitía ver o trailer da nosa película.
Aquí tes o interior da nosa invitación, co mencionado código, por si aínda non viches o trailer da nosa película, que tamén podes ver na web nesta entrada publicada anteriormente:
01/05/15: (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer? [6]
ENSAIANDO A PRESENTACIÓN:
Un acontecemento tan importante precisaba que o ensaiáramos previamente, decidindo quen ía presentalo e como o iamos a facer o día da presentación oficial.
CHEGOU O GRAN DÍA:
Alí estabamos todos, un día pola tarde, xunto cos nosos pais e nais listos para presentarlles a nosa película.
O primeiro foi ensinarlles o trailer, por se alguén aínda non o vira, e así o presentaron os "mestres de ceremonia": JOAQUÍN (guionista) e DANIELA (directora da película)
Despois do trailer fomos presentando un a un os diferentes equipos que participaron na rodaxe da película, recibindo todos eles un aplauso.
As nosas familas estaban moi impacientes agardando que comezase a película, e estaba a sala case chea. Un grande éxito de público.
Dou comezo a película e comezaron todos a rir ás gargalladas... parecía que lles estaba a gustar.
Os presentadores e os productores observaban atentos a reacción do público ;)
Cun gran aplauso rematou a proxección... todos e todas estaban encantados co resultado final.
Todo o equipo de rodaxe e actores subiron ó escenario para recibir un merecido aplauso polo seu traballo.
Á salida as familias fixéronnos saber que quedaran impresionadas co resultado.
Agora tan só falta presentarlla ós nosos compañeiros e compañeiras de todo o colexio e ese mesmo día, o vindeiro venres 23 de maio, por fin a poderedes ver nesta mesma web...
Xa falta pouco!!!