Nos últimos días de clases participamos nalgunhas actividades para despedir este curso, como o xogo de pistas [2] que facemos todos os anos, e algunha máis que agora vos contamos.
O xoves 18, xuntámonos os compañeiros das dúas aulas para facer pompas de xabón.
Despois de falar nas aulas de esta actividade e do que precisaríamos para facer pompas
organizámonos por equipos, dous equipos cooperativos dos que temos na clase establecidos, por cada pack de material:
-unha gabeta.
-dous aramios con forma circular tamaño grande.
-unha botella baleira de auga de litro e medio que teríamos que encher dúas veces.
-un bote de fairy grande, do que precisaríamos a metade.
-un bote de gomina.
Con todo o material e escoitadas as consignas e pasos a seguir para facer a mezcla que nos permitiría facer as pompas,
decidindo quen iría a pola auga, quen botaría o fairy, a gomina, é dicir, organizándoos entre nós para participar todos.
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso.
Despois de mezclar todo comezamos a probar a facer as pombas.
Nun principio saíron algunhas enormes, e a medida que foi pasando o tempo, xa non saían polo que experimentando probamos a engadir máis auga ou máis fairy e gomina para dar coa "fórmula máxica"...aínda que custou.
A próxima vez que as fagamos de seguro que daremos con ela!
Por outra banda, o pasado venres 19 de xuño participamos nunha serie de actividades como despedida do curso que remata.
Desfrutamos dunha serie de actuacións levadas a cabo polos compañeiros máis maiores, algunhas delas musicais e de expresión corpora ldirixidas por Merce, a mestra de música.
e outras nas que os protagonistas foron os compañeiros de sexto, que se graduaron e estarán no instituto o próximo curso. Recibiron uns agasallos como recordo do seu paso polo cole e finalmente vimos un power point diferentes momentos vividos por eles na escola.
Despois de dita celebración, en infantil celebramos os cumpreanos [20] cunha estupenda festa, da que vos contamos nunha entrada anterior.
E despois dun tempiño de recreo e lecer, a banda de música de Campo Lameiro deleitounos con algunhas cancións e actividades moi divertidas.
Xa como remate final e despois duns bailes, volvimos á aula para recoller as nosas cousas, o material e traballos realizados neste trimestre e para despedirnos entre nós e dos profes, pois pasará un verán ata que nos volvamos a ver.
Os compañeir@s que pasan para primeiro o próximo curso, levamos a nosa "orla" particular, unha foto cos mestres Ángela e Óscar, nun marco moi divertido para que nos quede de recordo.
Feliz verán a todos nenos e nenas! e para os que pasan para primeiro, Jéssica, Xián, Noa, Iván, Joaquín, Hugo, Iker, Alberto e Diego, vos botaremos moito en falta o próximo curso así que xa podedes vir polas nosas aulas moito!!