Xa demos comezo ás vacacións, pero aínda nos queda por contar cómo nos foi no mes de xuño na nosa aula.
Como xa sabedes fixemos a nosa excursión [2] de fin de curso, da que xa falamos noutra entrada.
Mentres non chegaba o día, e a medida que traíamos á escola as autorizacións, nos íamos anotando nunha lista para ver quén faltaba por anotarse.
Ademáis tamén vimos uns días antes, en internet o percorrido que faríamos para chegar ó acuario e os distintos lugares onde faríamos parada.
Na pizarra dixital marcamos o percorrido
e elaboramos cada un o seu "mapa" da ruta.
En xuño tamén celebramos os cumpreanos [5] tanto deste mes como dos meses de verán.
Participamos no xa tradicional xogo de pistas [6], cun tesouro final, do que tamén vos falamos noutra entrada.
Ademáis de participar nalgunhas actividades de fin de curso [7], que tamén relatamos noutra entrada.
Destacar tamén estas outras propostas:
Continuamos e rematamos co muro das palabras e os nosos diccionarios individuais.
Seguimos cos agrupamentos de 3 anos e 4 e 5 en dúas sesións semanais para reforzar algúns aspectos en cada grupo.
En 3 anos identificando as letras do muro, trazándoas, facéndoas con diferentes materiais, levando a cabo series con gomets..
En 4 e 5 traballando conceptos matemáticos, trazando diferentes tipos de formas xeométricas, trasladándoas ó modelado,...
Tamén nunha sesión, na aula de informática, cada un de nós votamos para elixir o nome da mascota das TIC que máis nos gustaba.
Despois de varios meses coas plantacións, algunhas das cales tivemos que volver a sementar pois secaran,
[16] finalmente aínda que dúas delas non foron adiante, entre todos decidimos que as queríamos levar para casa e que non secaran na escola. Cada un na súa casa, a volvería a prantar na horta ou a seguiría coidando na súa maceta.
Tamén tivemos momentos de xogo nos recantos, de xogo libre, de títeres, aproveitando a tea coa que fixemos as escenas para a película de Chaplin.
Momentos de xogo e movemento no pavillón
con circuitos, xogos de equilibrio,..
xogos populares..
e manipulación e xogo libre con moito do material co que contamos, por ser xa as últimas sesións do curso.
Nas últimas semanas tamén observamos que había carteis pegados na entrada do cole e na planta de arriba
[28] e despois de leelos descubrimos que nos agardaba unha exposición de pintura feita polos nenos e nenas de primeiro.
Así que subimos a ver dita exposición, observala, falar sobre os seus cadros, inferir algúns aspectos como qué compañeiros de primeiro o puido pintar, cómo se titularía,...
lendo e descubrindo si estábamos no certo ou case...
[30] os compañeiros maiores, de 5 e 6 anos se encargaban de lernos o que estaba escrito en cada cadro.
Gustounos moito a exposición, noraboa rapaces!
E despois de tanto argallar, traballar, xogar, investigar, falar, escoitar, desfrutar, discutir, arranxar,....chegou o último día de curso, a despedida e benvida ás vacacións, unha mistura de ledicia polas vacacións e tristura polo cambio de aula e grupo para algúns de nós.
Nos quedará de recordo na clase a nosa foto de grupo cos compañeiros que pasan para primeiro.
Pero qué maiores sodes rapaces!!! Moita sorte no próximo curso que ven!! Pero de momento, a desfrutar das vacacións!!!!
E o resto de compañeiros, máis do mesmo, a desfrutar moito e nos veremos en setembro!!