Un día a profe propúxonos unha actividade de témpera diferente, na que utilizaríamos o pincel, as mans, e as propias mesas de traballo como soporte. E a faríamos organizados por equipos.
Despois de dialogar todos os membros e consensuar as tarefas de cada un, puxémonos mans á obra.
Estabamos todos moi sorprendidos de que puidéramos pintar nas mesas coa témpera para transformalas en enormes cadros. Ángela xa nos dixo que isa era unha excepción porque o habitual non é pintar nas mesas senón no papel, pero nos serviría para experimentar que a arte non ten fronteiras de ningún tipo e que se pode ser creativo de moitos xeitos diferentes.
Cada equipo, coas distintas cores e intentando respetar o debuxado ou creado polos compañeiros, creou o seu debuxo.
Nos saían debuxos moi chulos que logo co entusiasmo de pintar tamén coas mans e mesturar cores, acabábamos transformando nunha enorme mancha abstracta.
A segunda parte da actividade consistía en colocar un enorme papel branco do tamaño da mesa por riba do pintado para que todo o que pintáramos na mesa, que logo debíamos limpar, quedara reflexado e non desparecera.
Era como facer as nosas pegadas das mans.
E estas foron as nosas creacións. No lado esquerdo as orixinais e no dereito as estampacións.
Logo tocou deixar todo ben limpiño, por suposto! [20]
Noutra sesión os equipos volvímonos xuntar para continuar coa proposta xa que estes cadros os utilizaríamos ademais de para decorar na nosa aula e con valor expositivo tamén para clasificar as distintas formas xeométricas básicas e así recordalas sempre.
Cada equipo, despois de consensuar e decidir quen sería o encargado de material e o de non berrar, elixía unha forma xeométrica e pegaba moitas figuras con esa forma e cunha cor, no seu mural: triángulos azuis, rectángulos laranxas, círculos amarelos e cadrados violetas.
Eran todas en papel adhesivo así que tivemos que exercitar tamén as nosas habilidades finas.
No encerado escríbiramos previamente entre todos, os nomes das catro formas xeométricas e cada equipo debía copiar o nome da súa para logo pegarllo debaixo.
Así tamén poderemos leelos.
Noutra sesión de témpera pintamos as catro formas xeométricas no noso bloc de xeito individual e tiñamos que estar moi atentos para pintar cada unha da súa cor. Pero como as tiñamos nas paredes da entrada a clase, si nos despistábamos ou olvidábamos só tiñamos que ir a observalas para recordar.