Ademáis da experiencia dos xoguetes [2], os cumpreanos [3] do mes, o experimento [4] e a celebración da paz [5], do que vos falamos noutras entradas, tamén vos contamos outras cousas que aconteceron na aula no mes de xaneiro.
Xa ben metidos na estación do inverno, afondamos nalgunhas cuestións relativas a esta estación, participando en actividades lim na pizarra dixital
Tamén adicamos unha sesión a pintar un mural colectivo, no que por quendas, e escoitando "O inverno" de Vivaldi, pintábamos en función da intensidade da música,rápid, despacio, forte, suave, e as nosas pinceladas ían cambiando.
Nesta creación final, pegamos as nosas fotos co xoguete que trouxéramos a clase.
Tamén estampamos con corchos, creando un contraste de dúas cores, entre un círculo grande e moitos pequeniños.
Utilizamos noutra sesión a técnica de soplado por palliña, para espallar a témpera líquida por toda a folla e facer composicións abstractas na que as cores se misturaban.
Con motivo da celebración do día da paz, e como estivemos preparando a dramatización do peixe arco da vella, vimos o conto na pizarra dixital, establecendo posteriormente un diálogo en torno á amizade.
debuxamos ós nosos amigos e fixemos algunhas actividades de escrita relacionadas.
Nos intercambios, continuamos a fixarnos nas letras que cada semana pasan a formar parte do noso diccionario xigante.
e a xogar co beebot, neste caso facendo unhas torres moi altas de distintas cores, que o beebot tiña que destruir, e para o que antes o tiñamos que programar, para que puidera chegar a elas.
construíndolle camiños polos que debía atravesar,
Noutra sesión, despois duns xogos previos cos dedos das mans, debíamos lanzar o dado, contar os puntos que saían nel e buscar a man que tivese o mesmo número de dedos levantados, e conducir ó beebot a esa man, programándoo axeitadamente.
Co grupo de 4 e 5 anos, nunha sesión a profe Nuria, a mestra de prácticas, organizou unha sesión sobre as formas xeométricas básicas
e logo por grupos participamos nun xogo de memoria sobre as formas xeométricas, que eran de distintas cores tamén e debíamos atopar a parella de cada unha.
Noutras sesións continuamos a facer actividades en torno á serie numérica.
E aquí quedan algunhas fotos doutras actividades desenvoltas, no pavillón
na sala de usos múltiples
na aula, levando a cabo bailes e xogos de ritmo.
creando con distintos materiais.
Ata pronto!