Vos contamos algunhas cousiñas e tarefas nas que andivemos inmersos nestas últimas semanas, ademáis do Entroido [2] e a elaboración do noso traballo para o Salón do Libro [3].
Nas sesións de pintura, nas que en ocasións pintamos libremente
e noutras, cunhas técnicas ou materiais determinados,
un día pintamos mezclando pasta de dentes, con témpera de cores e cola.
Que ben cheiraba a pasta de dentes!
E os nosos debuxos cheiraban igual de ben ó rematar e cunha textura diferente.
Noutra sesión, un día de temporal no que faltaron bastantes compañeiros, creamos obras abstractas a partir dunha composición libre con gomets que uníamos dándolle algunha forma determinada.
e logo as pintábamos con distintas cores e combinacións. [10]
Tamén fixemos as nosas creacións abstractas, con acetatos e témpera de cores.
Tiñamos que botar sobre un acetado dúas ou tres cores e repartilas por todo o espacio.
[12] Logo o tapábamos con outro acetato e cos dedos iamos modelando, para mezclar as cores e darlle forma.
Incluso usamos os rodillos para axudar a repartir e mezclar a pintura.
Así de chulas quedaron, e están expostas, como fiestras a outras realidades.
En psicomotricidade, unha sesión Nuria, a profe de prácticas, que nesta ocasión tiña de axudante a Ángela, encargouse de preparar xogos e actividades moi moi divertidas nas que nos desprazamos, corrimos, saltamos, puxemos en xogo a atención e a observación, tivemos que coordinar os nosos movementos cos dos compañeiros
[16] ademáis de participar nun circuito no que viaxábamos á MURALLA CHINA
Rematamos a sesión dándonos unhas masaxes uns ós outros/as. [18]
Ademáis, como explicamos noutra entrada, a semana do entroido, Dora deixonos mensaxes de cómo vestirnos, que nós cada día escribíamos para avisar en casa.
Nos fotografiamos cada día da semana e utilizamos estas fotos para escribir e debuxar o que tocaba cada día.
Tamén utilizamos as fotografías dos pasos para elaborar o disfraz para levar a cabo secuencias, nas que tiñamos que ordear e numerar as fotografías.
Neste mes tamén celebramos o día de Rosalía de Castro, coñecendo un poema que ela escribiu e ó que algúns músicos decidiron poñerlle música e cantalo.
Nas dúas aulas escribimos os versos do poema
para logo pegalo xunto coas fotografía de Rosalía, na entrada ó colexio, no corredoiro.
Nos intercambios por idades, entre outras cousas, localizamos números na pizarra
e xogamos ó bingo dos números, utilizando os tapóns das botellas, para ir cubrindo o número que xa"cantara" a profe.
Xogamos coa baralla de cartas, clasificándoas por pao, ordeándoas da máis pequena á máis grande e levando a cabo un xogo colectivo con elas, no que tiñamos que identificar os números. [27] [28]
Os máis pequenos nesta ocasión co beebot, tivemos que medir cos nosos pés cantos pasos debíamos dar para chegar dunha cor á outra e logo programar ó robot para desprazalo, calculando que cada paso nos correspondía a un paso dado polo bee-bot.
Neste mes tamén tivemos a sorte de asistir a un musical en Pontevedra, "Peter Pan", polo que antes na clase vimos un pequeno corto sobre a historia, contamos o conto e ata participamos nun pequeno circuito no que vivimos as mesmas historias fantásticas que Wendy e os seus irmáns.
Máis os diversos momentos do día a día, tanto de traballo como de xogo, que tanto enriquecen.
Neste mes tamén comezamos un novo proxecto de investigación: Os dragóns chineses. Vos contaremos pronto como vai!