Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:
28/10/17: (2017-2018) Os GATOS: Decidimos e iniciamos un novo proxecto de investigación e traballo. [2]
18/11/17: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre os GATOS: atopamos as primeiras respostas. [3]
Nas últimas semanas continuamos a investigar para atopar á resposta ás preguntas do noso proxecto que aínda quedaban por descubrir.
Para atopar a resposta a "ONDE VIVEN OS GATOS", decidimos investigala todos xuntos, para elo levamos a cabo unha choiva de ideas e fomos anotando os lugares nos que cada quen pensaba que podían vivir.
Logo, buscando entre os vídeos do noso recanto de infantil [5], atopamos un onde explicaban os lugares nos que vívían os gatos. Entre todos e todas fomos anotándoos nun listado
Despois de contrastar os "lugares" que descubríramos coas nosas hipóteses previas, acordamos a forma de plasmar as respostas no noso mural da inviestigación.
E así quedou finalmente plasmado, coas fotografías que escollimos entre todos e todas para cada unha das respostas atopadas.
Días despois continuamos a investigar novas preguntas, para o cal pensamos que o mellor sería investigalas por equipos cooperativos, para logo poder intercambiarnos información atopada.
Cada un dos equipos, despois de acordar e asignar os roles de cada integrante dentro do mesmo, decidiu cal das preguntas investigaría, anotando o seu no número na táboa da organización.
Cada un dos equipos comezou a investigar, por turnos e, nesta ocasión, co apoio do mestre, a pregunta que lle correspondera.
Cada un foi intentando atopar a resposta nas fontes que acordaba utilizar: no ordenador, nas fotocopias, nos libros... usando unha ou outra, e cambiando entre elas cando non se atopaba a resposta á pregunta.
Cando atoparon a resposta anotánona nun papel para non esquecerse ;)
[19] [20]Despois dun novo acordo no equipo decidiron como plasmar as respostas no mural, decidindo que precisaban ademais do texto que escribiran (segundo a hipótese na que se atopaban no desenvolvemento natural do proceso lecto-escritor)
E así quedaron plasmadas as respostas no mural da investigación, tal como acordaron en cada un dos equipos.
Cad un dos equipos planificou a forma en que podía contarlle as respostas atopadas ó resto dos compañeiros, co material, fotografías e vídeos que considerasen preciso.
Deste xeito xa estamos a punto de completar o noso mural da investigación con tódalas respostas atopadas... xa nos quedan menos preguntas para poder comezar a planificar a rodaxe da nos película-documental sobre os gatos.
Seguide atentos ó noso blogue para descubrir como rematamos a nosa investigación respostando ás preguntas que aínda nos quedan.