Ademais de todo o que xa vos contamos en outras entradas como a nosa investigación e festa debaixo do mar, [2] o xogo de pistas [3], celebración de aniversarios [4], a nosa excursión a Vigo [5], o experimento do ovo saltarín [6] ou a visita dos nenos/as da Galiña azul [7], entre outras cousas, neste mes de xuño ademais de despedirnos sucedeu tamén todo isto.
Creamos o noso boletín de autoavaliación "As novas da escola" onde nesta ocasión fixemos reconto dos nosos libros favoritos, os que levamos máis veces ó longo de todo o curso.
Participamos nos talleres STEM organizados no colexio, onde puidemos ver traballar a unha impresora 3D que imprimía ó noso compañeiro Alberto, despois de escanealo.
E puidemos tocar e ver como voaban diferentes drones.
Tes máis información sobre esta xornada STEM na seguinte ligazón:
13/06/18: (2017-2018) Xornada STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D [16]
Xogamos co probot a recorrer un camiño marcado no chan, descubrindo que tiñamos me ir medindo para saber cando tiña que xirar.
Para poder meter o código correcto no robot.
Organizamos todo o noso material para levalo para casa.
Participamos, xunto con todo o colexio, nos "xogos de auga", onde ata os profes acabaron empapados.
E despedímonos dos nosos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro.
A eles fixémoslle unha homenaxe (ó igual que os que marchan para o instituto) repartíndolles a orla de fotos a cada un.
[22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29]
Nese mesmo acto visionamos a nosa película "3, 2, 1... rondando libros", onde está incluída a nosa "As super mulleres da paz" [30] xunto coas dos restante cursos do colexio.
Para rematar este último día asistimos a unha actuación da bandq de música de Campo Lameiro, composta por moitos dos antigos e actuais alumnos e alumnas do noso colexio.
E así remata este cuso 2017-2018, lembrando como estabamos cando comezou na nosa primeira foto de grupo.
Recibide unha agarimosa aperta e todas así como as vosas familias. Grazas pola vosa colaboración durante este curso.
Vémonos en setembro (os que van para primeiro polos corredores ;) ).
PASADE UN FANTÁSTICO VERÁN!!!!