Durante este mes continuamos a nosa investigación sobre os dinosaurios [2], celebramos os aniversarios do mes [3], levamos a cabo noso primeiro experimento científico [4] sen esquecernos da participación e celebración do Samaín [5]. Todo elo podedes lelo en diferentes entradas deste mesmo blogue.
Pero ademais de todo iso, e de comezar a preparar as nosas actuacións para o Festival de Nadal, o día a día na nosa aula tamén contou con todos estes feitos.
O ENCARGADO DE CADA DÍA CONTINÚA COAS SÚAS OBRIGAS:
Cada día o encargado continuou a completar o calendario online, facer seguimento dos compañeiros e que faltan ou están no centro, e comprobar que "datas sinaladas" aparecían nos vindeiros días. Podes atopar este calendario online [6] no recanto de infantil desta mesm [6]a web.
O PLÁTANO VIAXEIRO CONTINUOU A SÚA VIAXE POLAS NOSAS CASAS:
O noso plátano viaxeiro continúa o seu percorrido polas nosas casas. Alí estará connosco durante 15 días e logo "contamos todo o que fixemos con el" no "libro dos recordos".
EXPLORAMOS A NOSA CREATIVIDADE:
Con diferentes técnicas exploramos a nosa creatividade coa témpera.
Traballamso en equipos cooperativos chegando acordos e facendo a auto-avaliación posterior en cada caso.
CONTINÚA A MEDRAR O NOSO DICIONARIO XIGANTE:
Cada semana continuamos a encher o noso dicionario xigante coas nosas palabras favoritas, empregando a aplicación do diccionario para imprimir o número de imaxes que precisamos. Podes atopar esta aplicación no recanto de infantil desta web. [6]
CONTINUAMOS A LEVAR LIBROS PARA CASA:
Cada semana rexistramos o libro que levamos para casa, obtendo a portada da aplicación online, [6] para completar o libro do rexistro.
"LEMOS LIBROS XUNTOS" COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE INFANTIL 1:
OS COMPAÑEIROS DE INFANTIL 1 EXPLÍCANNOS AS FASES DA LUA, DENTRO DA SÚA INVESTIGACIÓN:
Dentro da súa investigación sobre a LÚA os compañeiros e compañeiras de infantil 1 viñeron a explicarnos as fases da lúa, usando para elo galletas Oreo.
XOGAMOS COS NÚMEROS:
Xogamos cos números empregando a serie numérica e desprazándonos polo espazo.
Lembra que podes atopar todo o demais que fixemos neste mes nas entradas precedentes publicadas ó respecto.