Ó longo do mes de maio, sucedeu todo isto que xa vos contamos en entradas anteriores:
28/05/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro [2]
28/05/21: (2020-2021) Rematamos o dosier da investigación sobre os ponis. Queres velo e lembrar todo o que investigamos? [3]
28/05/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio [4]
14/05/21: (2020-2021) Conseguimos crear unha “explosión con Mentos e Coca-cola” no noso último experimento [5]
Pero tamén sucedeu todo o que vos contaremos de seguido:
Fixemos as primeiras probas coa Radio escolar.
Continuamos coas rutinas do encargado, o calendario online [9]. Tamén continuamos a completar o noso dicionario xigante, xa nos queda menos para rematalo.
Creamos unhas novas bandexas para a merenda, usando revistas vellas.
Participamos no obradoiro "Ponlle as pilas ó teu bocata".
Os venres anotamos de forma autónoma o libro para levamos para casa, empregando a aplicación online [9] dispoñible no recanto de infantil.
Celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando a Xela Arias. Podes ver como o celebramos no centro desde aquí [18].
Tamén asistimos ós actos organizados polo Concello para lembrar á escritora homenaxeada.
Desenvolvimos a nosa creatividade reinterpretando creacións de pintores famosos.
Xa nos quedan poucas semanas para que remate este curso tan especial, pero aínda vos temos que contar varias cousas antes de que iso suceda.
Como sempre poderedes velo nas entradas publicadas neste blog.