Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha" [2]
08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha [3]
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha" [4]
Nas últimas semanas, continuamos coa nosa investigación sobre os "cans salchicha", para atopar tódalas respostas as preguntas que tiñamos plantexadas.
Chegamos así á metade do camiño. Xa só nos queda preparar a exposición e o documental, que nos propuxéramos como producto final deste proxecto de traballo e investigación.
Atopamos a resposta, investigando en diferentes fontes, ás seguintes preguntas:
Por que son tan longos?
Como nacen?
Con cada pregunta, tivemos que acordar como plasmar a resposta atopada no mural da investigación.
Xa sabemos se poden comprarse ou non.
Descubrimos tamén onde poden vivir.
E ata se teñen amigos, e como "se fan amigos uns dos outros".
Finalmente, atopamos a resposta á última pregunta que nos quedaba pendente no mural. Poden vestirse?
Fomos completando, ó longo do proceso, na táboa da organización, quenes foron os encargados de investigar cada pregunta.
Así quedou o noso mural da investigación, xa completo, coa resposta a tódalas preguntas.
A partir de agora, unha vez demos superado o proceso de investigación, réstanos planificar e crear a nosa exposición, así como o documental que queremos rodar. Teremos ata final de curso para facelo e poder presentárvolo.
Tamén completaremos cadanseu dosier individual, para poder contar na casa, todo o que descubrimos e aprendimos sobre os "cans salchichas".
En futuras entradas neste mesmo blog, poderedes estar ó tanto de como levamos todo isto a cabo.