Tal como tiñamos sinalado no noso calendario onine [2], no mes de novembro participaríamos na celebración do Magosto que tería lugar no colexio. De seguido contarémosvos como o organizamos e como participamos na celebración.
Lembramos como o celebráramos en cursos anteriores [3], mirando entradas de cursos anteriores na web do colexio, neste mesmo recanto de infantil.
Alí observamos que o curso anterior fixéramos unhas cestas moi chulas para meter as castañas asadas. Os profes presentáronnos a súa idea de cesta, que nos pareceu moi chula.
Escribimos unha lista do material que precisaríamos para facer a cesta deste curso.
Escribimos tamén unha nota pedindo algún material que iamos precisar:
Escollemos tamén os "animais" e "froitos do outono", que cada quen quería pegar no seu cesto.
Organizamos o material e puxémonos mans á obra.
[10] [11] [12] [13] [14] [15] [14]
Seguindo as indicacións non foi difícil dar rematado o traballo.
[16] [17] [18] [19] [20]
Así de fantásticos quedaron unha vez rematados:
Días antes da celebración do Magosto, fomos xuntando unha chea de castañas xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
E por fin chegou o gran día, como chovía non poderíamos celebrar o Magosto en "San Antoniño", como en cursos anteriores, senón que teríamos que facelo no pavillón do colexio.
Miramos nun vídeo como se asaban as castañas, e por que había que cortarlles un anaco... senón estouparían.
O gran día participamos nos xogos do Magosto, organizados polo profe PAULO no pavillón.
Rematados os xogos, chegou o momento da degustación de castañas asadas, usando a nosa cesta para levalas.
Estaban boísimas...
Lembra que podes ver tódalas imaxes desta celebración no centro, no seguinte álbum da galería fotográfica:
ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2023) Celebración do Magosto [43]