Nestas primeiras semanas do ano no mes de xaneiro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 30/01/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz [2]
- 27/01/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro [3]
- 26/01/23: (2022-2023) Descubrimos o que sabemos, o que queremos saber e comezamos a xuntar información, para a nosa investigación sobre os coches e os camións [4]
- 25/01/23: (2022-2023) Experimentamos cun globo e bicarbonato. Queres saber que sucedeu? [5]
Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online [6], e facer as rutinas e rexistros.
Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante [6]" e os nosos dicionarios individuais.
Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros [6], para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.
Comezamos tamén a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.
Organizamos unha lista de quendas por sorteo... menos mal que o Beebot nos axudou a facelo.
Cada semana, a quen lle corresponde levar a mochila, ten tamén que escoller un libro da biblioteca do colexio, para meter dentro da mesma, xuntno a todo o material de lecer que leva dentro.
Desenvolvimos as nosas habilidades creativas, empregando diferentes técnicas de expresión plástica con témpera.
Xogamos a construír palabras con letras móbiles.
Lembra que podes ver e ler todo o que sucedeu neste primeiro mes do ano, nas entradas indicadas ao comezo desta publicación.