Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
08/12/22: (2022-2023) Escollemos democráticamente o tema da nosa próxima investigacion... queres saber cal é? [2]
27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. [5]
Quedaban só dúas preguntas por respostar, sobre os coches e camións, para dar por rematada a investigación e a primeira parte do noso proxecto.
En gran grupo descubrimos quen inventou os coches, visionando un vídeo que tiñamos no recanto online da información. [6]
Plasmámolo no mural facendo unha "liña do tempo", onde fomos pegando cada un dos fitos máis importantes, na invención do coche ata a actualidade.
Con esta resposta xa atopada, abordamos a última que tiñamos escrita no mural: Onde se arranxan os cochea avariados?
A partir do diálogo entre todos e todas, usando imaxes de internet, chegamos a unha serie de conclusións que daban resposta a esta pregunta.
Contámolo no mural, para dar así por rematada a investigación
Así quedou reflexado no mural:
Tan só nos quedaba, voltar á lista do que xa sabíamos ao comezo da investigación, para descubrir como cambiaron as nosas ideas iniciais (reorganizamos-reconstruímos os nosos esquemas cognitivos), e poder "correxir" os erros.
O noso mural da investigación por fin estaba rematado e completo, coas respostas de tódalas preguntas que nos plantexáramos.
Podes ver, máis polo miudo, como contamos a resposta a cada pregunta no mural, no seguinte vídeo.
Coa investigación xa rematada, chega o momento de crear os produtos finais que nos plantexaramos ao comezo: Facer un lap-book e grabar un pequeno documental.
Sen esquecernos de crear o dosier individual, traballos estas que nos levará ata final de curso.
Contarémosvolo, como sempre, en futuras publicacións deste blog.