Despois de varios cursos sen poder facelo, por mor das restriccións pola "pandemia da COVID-19", por fin este curso puidemos volver a recibir a visita dos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estarán o vindeiro curso nas nosas aulas.
Preparámoslle uns marcos de agasallo días antes da súa visita, que tiñamos anotada no noso calendario oline [2].
Cada un dos equipos de cada unha das dúas aulas, foi creando un marco para o "neno/a", que estaría con eles e elas o día da visita.
Cando por fin chegou o gran día, o primeiro que fixemos, tras recibilos foi facernos unha foto de grupo todos xuntos e xuntas. E reencontranos coas nosas profes de cando eramos "máis pequenos".
Na biblioteca, os compañeiros e comapañeiras de 1º e segundo, tíñanlle preparada unha sorpresa fantástica, organizada pola profe Zaira... un conto fantástico, ademais de regalarlle un ratiño de la, que fixeran eles/elas mesmos/as.
De volta nas aulas, xa por equipos, pegamos a fotografía de grupo e decoramos o marco con pegatinas, xunto cos futuros compañeiros e compañeiras, para que puidesen levalo o máis bonito posible.
Sen esquecernos de escribirlle detrás o nome de cada un, para que non se mesturaran.
Xa co marco rematado, chegou o momento de xogar todos xuntos e xuntas no patio.
Pasámolo xenial... As profes da "Galiña" convidáronnos a uns "pauciños de pan", que compartimos entre todos e todas.
E finalmente chegou o momento da despedida... verémonos despois do verán, cando sexades compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e Infantili 2.
Grazas pola visita, o curso que ven repetirémola de novo.