No mes de setembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online [2], celebramos os primeiros aniversarios do curso, nesta ocasión só CARLOTA cumpría anos, así que foi a encargada de escoller unha tarta do libro de receitas [3].
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que covidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.
Coa axuda de todos e todas preparían unha tarta para convidar aos demais nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle a camiseta de agasalo. Quedaou fantástica!
Tamén decorou a súa coroa de aniversario.
Cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparamos a tarta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".
E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Rematamos esta primeira do curso festa con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
No vindeiro mes de outubro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.