No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 31/10/23: (2023-2024) Xa chegou o Samaín a infantil... así o celebramos [2]
- 26/10/23: (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro [3]
- 19/10/23: (2023-2024) Xa temos novos equipos cooperativos para este curso... queres coñecelos? [4]
- 12/10/23: (2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre [5]
Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:
Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o calendario online [6], e outra chea de responsabilidades.
Comezamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario [6], coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.
Comezamos o préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil [6].
Traballamos o día da "non violencia".
Recibimos a visita dunha reponsable do Parque Arqueolóxico da Arte Rupueste de Campo Lameiro, para preguntarnos como fixeramos o noso traballo para eles
Podes ver como che contamos a creación dos nosos xogos rupestes na seguinte entrada:
Recibimos novo mobiliario para a aula, e tivemos que acordar onde poñer cada "cousa".
Participamos nunha formación na "Biblioteca do colexio", a cargo da profe ZAIRA.
Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada: