Este mes non temos claro quen traballou máis, se Papa Noel ou os nenos e nenas de EI1. Foron 21 días que deron para moitísimo... Non o credes? Pois seguide aquí, porque a continuación explicamos algunhas das moitas actividades que fixemos este mes.
En primer lugar, preparamos unha obra de teatro moi chula titulada "A Patrulla Canina salva o Nadal". Tivemos que preparar o decorado, estudar o guión, preparar o escenario, acordar o reparto de tarefas... Foi un traballo complicado, longo, pero moi satisfactorio. O resultado ao final foi o de menos, pois o realmente importante foi todo o que aprendemos durante o proceso. Se queredes ver a obra, podedes facelo aquí [2].
[3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [9] [8] [6] [5] [4] [3]
Pero non só estivemos na zon de usos múltiples, estivemos facendo cousas ao longo de toda a escola. Pasamos moito tempo na biblio, lendo contos, debuxando, xogando... pero tamén aprendendo con materiais como a oca para coñecer Galicia ou a escalada de montañas cun dado e un lapis. Ao final imos pasar máis tempo alí que na clase!
[11] [12] [13] [14] [15] [16] [15] [14] [13] [12] [11]
Unha actividade da que as familias estaredes enteradas, foi a decoración de colas de Nadal, pois para esta iniciativa, contamos coa colaboración dos pais e das nais. Os nenos e nenas levaron a base acasa, e con axuda fixeron elementos decorativos tan chulos como os que poidedes ver nas fotos. Logo decidimos exactamente onde queriamos colgala. Foi xenial!
[17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [24] [23] [22] [21] [20] [19] [18] [17]
E co curso avanza tamén o calendario, así que cada día temos que abordar unha temática nova. E claro, como nun día pasan moitas cousas, o que aprendemos vai variando moito según a dara. Rosa Parks e a discriminación racial, o coidado do medio ambiente, o analisis de obras de arte... Todo pode pasar cando abordamos o noso traballo de calendario.
[26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [32] [31] [30] [29] [28] [27]
Tamén fixemos o experimento do fluido non newtoniano. Pero a falta de unha, o fixemos duas veces... Por qué? Moi sinxelo, porque o profe equivocouse coas medidas (perdoádeo, é de letras). Así que tivemos que poñer aschaquetas, e ir a tenda a mercar máis maicena. Deste xeito fixemos o experimento por segunda vez (esta vez ben feitos), e o resultado deixounos coa boca aberta.
[34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [39] [38] [37] [36] [35] [34]
Pero tamén tivemos tempo para xogar, e moito. Este mes comezamos a estrear algún dos xogos que nos chegaron a a aula; ademais de disfrutar de aqueles que máis nos gustan como e o xogo coa area, con crebcabezas, con bloques lóxicos... e moitas cousas máis.
[41] [42] [43] [44] [43] [42] [41]
Na nosa clase tivemos de aniversario a Yara, e por suposto, non podiamos esquecernos de prepararlle unha celebración como merece. Así que cunha camiseta de unicornio, unha coroa chea de estrelas e unha deliciosa tarta con moito chocolate; montamos unha super festa para os homenaxeados!
[45] [46] [47] [48] [49] [50] [49] [48] [47] [46] [45]
Ah, e unha cousa máis, revisade os buzóns nos vindeiros días. Pois estes últimos días de trimestre estivemos preparada unha sorpresa para as familias... E aquí o imos a deixar, que ao final arruinamos a sorpresa.
[51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [67] [66] [65] [64] [63] [62] [61] [60] [59] [58] [57] [56] [55] [54] [53] [52] [51]
E xa para rematar... Recordades os xogos que preparamos en colaboración co Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro? Pois ben, este mes o Porco Espín Serafín preparou un calendario onde, cada día, unhadas clases do colexio abría un agasallo elaborado por outra clase. Foi super divertido, e permitiu seguir traballando no noso proxecto de convertir un cole con relacións máis sólidas e menos conflictos, pois na escola somos unha gran familia.
[69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]
E con isto despedímonos ata o ano que ven. Grazas por outro ano cheo de experiencias e de aprendizaxe; e preparádevos, porque o 2024 ven repleto de moito que facer e moito que aprender!