No mes de marzo, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
22/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de marzo [2]
14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas [3]
06/03/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Creamos unha fraga máxica e participamos nas actividades so Salón do Libro 2024 [4]
Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:
Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online [5], levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.
Para celebrar e traballar o 8M buscamos códigos QR, de mulleres relevantes ao longo da historia.
Blog da biblioteca (2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso [11]
Participamos nun obradoiro de manualidades con "cartón", xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Nel creamos un fantástico monicreque.
Blog da biblioteca (2023-2024) OBRADOIRO DE CARTÓN [18]
Estrenamos unha nova casa-cohete, que eliximos e mercamos coa opinión de todos e todas.
Plantamos e coidamos cebolas no invernadoiro, que xa medraron moitísimo nestas tres semanas.
[20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27]
Asistimos como público, aos partidos do "deporte escolar", para animar aos compañeiros e compañeiras do noso colexio, que competían contra os do colexio de Tenorio.
Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario [5], coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.
Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores", organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.
Cada venres participamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil [5].
Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Podes velos todos no botón que atoparás na parte dereita desta web.
Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas.
Asistimos ao musical do "Rei León" en Vilagarcía de Arousa.
Continuamos a explorar as nosas posiblidades creativas pintando con témpera.
Antes de rematar o trimestre elaboramos noso boletín de auto-avalación, onde nun dos seus apartados "escollimos" entre todos e todas, as "cousas boas" que nos gustan de cada un dos nosos compañeiros e compañeiras.
E deste xeito remata o mes de marzo, e este segundo trimestre... voltaremos con novas "aventuras" á volta das vacacións de "Semana Santa".