Lembrades que cando investigamos sobre a cidade, enviamos unha carta a un colexio de Pontevedra? (Podes voltar a lelas aquí [2] e aquí) [3]
Pois o outro día chamáronnos por teléfono para convidarnos a visitar o seu cole o vindeiro Xoves día 20.
Falamos cos nenos e nenas do outro cole durante uns minutos, para dicirlles que aceptabamos a súa invitación, cun sonoro ¡¡¡SIIII!!
Logo miramos en internet a páxina da súa aula, e ali atopamos unha foto onde saen todos. Cal deles sería o que falou por teléfono?.
Teremos que preguntarllo o vindeiro xoves cando vaiamos alí.
Por se queres coñecelos este é o enderezo do seu blog.
http://anosaescola.blogspot.com [4] (dunha das aulas de infantil do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela)