Como o xoves iamos participar nunhas actividades organizadas polas Dirección Xeral de Tráfico, sobre educación vial, e iamos necesitar bicicletas, triciclos, patinetes e sobre todo cascos, fómolos traendo e xuntando na clase.
Para logo poder recollelos puxémoslle o noso nome en cada cousa que trouxéramos.
Algúns trouxemos máis de un vehículo, para poder compartilo cos demáis.
Logramos xuntar unha chea deles.
Cando chegou o día das actividades, viñeron á nosa aula Elena e un Guarda Civil que nos contaron cousas moi interesantes sobre a seguirdade vial.
Miramos unhas películas sobre como cruzar as rúas, como ír co cinturón no autobús e no coche e sobre os riscos de non ir polas veirarúas da man dunha persoa adulta.
Podes un dos contos que miramos AQUÍ [2]
Lembrade que cando vaiamos pola veirarúa da man dun adulto, temos que ir sempre pola parte de dentro para evitar os perigos. Así no-lo contou Elena.
Tamén lembramos o que significaban as cores vermella e verde dos semáforos facendo unha dramatización, axudados polo Guarda Civil.
Logo construimos coches, autobuses e semáforos.
E fixemos unhas follas sobre todo que aprendimos antes.
Despois do recreo, chegou o momento de baixar os nosos vehículos ó pavillón, onde había unha sorpresa preparada.
Como eramos moitos, pois estaban tamén os compañeiros e compañeiras da escola de Cerdeiras, fixemos dous grupos: mentras uns ían facer o circuito os demáis estarían vendo o coche da Guarda Civil. Logo intercambiariamos os turnos.
No pavillón había un circuito con carrís, semáforos que funcionaban de verdade, sinais e ata un paso de cebra.
Estivemos circulando polo circuito respectando as sinais, segundo nos ían explicando.
Tiñamos que deternos cando o semáforo para os vehículos estaba en vermello, nese momento podían cruzar os peatóns.
Tamén puidemos ver o que había dentro dun coche da Guarda Civil: tiñan sinais enrolladas e unha cinta que se usa para marcar zonas perigosas. Déronnos para levar para casa un pedazo desa cinta.
Tamén pasamos "o control de alcohlemia"... había que abrir a boquilla, metela nuna aparato especial e soprar moi forte.
Tamén nos deixaron montar no coche, e ata algún puido poñer a gorra do Guarda Civil e escoitar o que dicían pola radio que tiña dentro.
Tamén tiña luces e unha sereas que facían moitísimo ruido.
Cando rematamos tivemos que levar de novo os nosos vehículos para clase, porque xa chegara a hora de marchar e de levalos para casa.