Skip to Content

Normalización

8 M. DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o 8M, Día da Muller visibilizando o papel da muller nos diferentes ámbitos relacionados coa saúde, tanto a saúde física como a saúde mental.

Este programa de actividades encádrase dentro do Proxecto Anual de Centro "Mens sana, in corpore sano".

Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a participación nesta xornada, facendo fincapé nas nais que nos acompañarán nas mesas redondas.

Programa 8M_ 2024   mesa redonda 8M_2024 

 mesa redonda 8M_2_2024     mesa redonda 8M_1_2024

CANTANDO CON ROSALÍA

 

     cara rosalia poema               

Hoxe 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía fixemos a presentación do lipdub "Cantando con Rosalía", no que participa todo o alumnado. 

A "Banda da Balbina" colaborou coa versión musical do poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro adaptada á nosa escola.  

Agradecemos a súa colaboración así como a das familias que participaron na gravación e edición deste traballo.  

Agardamos que o disfrutedes tanto como o disfrutamos nós.

BO DÍA DE ROSALÍA.

 
 

VISITA A CASA ROSALÍA EN PADRÓN...

 

 

 

 

 

 

 
   
     

ADIVIÑA DE QUE SE TRATA I...

No seguinte folleto, o alumnado elaborou unha pregunta sobre o seu traballo da Muller para que o resto do alumnado localice ou adiviñe...

EStos son os retos para o alumnado de infantil, 1º 2º e 3º de Educación Primaria.

Esperamos que o pasen ben...

folleto_cara1           folleto_cara2

 

 

ADIVIÑA DE QUE SE TRATA...

 

No seguinte folleto, o alumnado elaborou unha pregunta sobre o seu traballo da Muller para que o resto do alumnado localice ou adiviñe...

EStos son os retos para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Esperamos que o pasen ben...

 

folleto_cara 1      folleto_cara2

 

PASAPALABRA ELENA FERRO

 

ROSCO ELENA FERRO: pincha aquí

 

MULLERES GALEGAS

Cada clase elixe unha muller galega de relevancia para o alumnado; e coñece, le e profundiza na súa vida e obra. Posteriormente elaboramos cartaces visuais que poñeremos nos nosos corredores para que o resto do alumnado poda achegarse a esas mulleres. Entre elas destacamos; Antia Cal, Marga Tojo, Elena Ferro, Angeles Alvariño, Luz Fandiño, Marilar Alexandre, Ledicia Costas, Sés, Luz Casal, Yolanda Castaño,... entre outras.

    

   

 

   

  

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS_ FLORENTINO DELGADO GURRIARÁN

Este ano celebramos o día das Letras Galegas achegándonos á figura do homenaxeado neste ano 2022; Florentino Delgado Gurriarán a través de diferentes recursos impresos e dixitais que colgamos na aula virtual do centro (na categoría de dinamización da lingua).

 

Asimesmo fixemos cunha pequena exposición acerca do homenaxeado deste ano.

    

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de xogos populares no patio da escola. Durante esta xornada poidemos disfrutar xogando a diversos xogos como a chave, a comba, os zancos, as chapas,... entre outros moitos.

O alumnado de 6º de Primaria en colaboración coa mestra de Educación Física e asTitorías foron os encargados de seleccionar, organizar e dirixir os xogos. Agradecemos a súa implicación e o seu bo facer de toda a xornada, axudando e xogando cos máis pequenos e pequenas.

 

    Unha mostra de todos esta xornada, podémola ver na galería de imaxes no seguinte enlace:

       GALERÍA DE IMAXES_ XOGOS POPULARES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

DIA DA NARRACION ORAL

O dia 20 de marzo conmemórase o día da Narración Oral; Dende o equipo de dinamización da lingua sumámonos á celebración e contaremos cunha sesión de contacontos.. Desta volta será o alumnado de sexto o que contará os contos que el@s mesm@s escribiron para participar nun concurso de microrrelatos.

Os seguintes cartaces; mostran os títulos dos diferentes microrrelatos

 narracionoralinfantil   narracionoral2pri  

 

 O ALUMNADO DISFRUNTA ESCOITANDO OS CONTOS,...

.
     
     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut