Skip to main content

STEAM

INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro,

gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.

O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material.

Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes

e a actuación teatral, por parte de dita asociación.

 

 

 

 

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia.

O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente

durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo,

o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións...

Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón.

E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.

 

 

 

 

FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade

aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.

Ven buscalo!

 

 

 

 

RECEITAS E COCIÑA DE ENTROIDO #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un grupo de familias toma a iniciativa e realiza unha gran proposta.

Obradoiros de cociña para o entroido. Unha xornada a mar de doce e divertida.

Cantidades, produtos, pasos, perigos no cociñado, colaboración... unha gran

mestura de saberes e novas aprendizaxes para conseguir

unha merendola fantástica e emotiva.

Gracias familias!!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público

co seu obradoiro de máscaras de entroido.

Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo.

O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!

 

 

 

 

 

OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.

Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo

amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.

Bravas! Moitos parabéns!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este un de febreiro catro alumnas de 4º impartiron unha sesión de baile.

Primeiro apuntáronse na folla de adscripción e cubriron tódolos seus apartadas,

corrixindo e pasando a limpo. Posteriormente deseñaron o seu cartaz en Canva e

dada a data polo equipo de biblioteca, pasamos un tempo agradable bailando.

Ata que... a luz xogounos unha mala pasada e apagouse todo.

Quedou o obradoiro a medias, pero en breves recuperamos a sesión de baile.

 

 

 

 

 

LEGO BRICQ #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aprendizaxe compartida, cousas lindas que ocorren na

biblioteca cando un sabe de algo e quere compartir.

Mecanismos!

 

 

 

 

 

 

 

PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha pequena mostra dos Patios Vivos,

coincidindo coa visita dos nosos socios Erasmus Doris.

O vídeo corresponde a unha semana de temporal na que se fixo case imposible

realizalos fóra, pero a rapazada sempre axuda a resolver este tipo de impedimentos.

 

 

 

A IMPORTANCIA DE CONSERVAR A SEMENTE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do proxecto "Aprendendo, naturalmente!", sobre a flora e

fauna da nosa contorna, alumnado, profesorado e comunidade educativa

xa estamos na fase de documentación e recollida de datos.

Deste xeito, o alumnado de 5º manterá unha conversa sobre a importancia da

conservación das sementes, posteriormente realizarán un obradoiro de sementes

e un inxerto, a actividade estará a cargo da Asociación Lugares Comúns.

Lugares Comúns é unha asociación da nosa vila conformada por persoas de diversas

orixes que teñen como punto de encontro o respecto pola natureza.

O día 25 de febreiro ofertarán unha actividade de intercambio de sementes para toda a vila.

 

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro da proposta de obradoiros e faladoiros do alumnado,

 

Lara e Nycolle ofértannos unha actividade de costura.

 

 

 

 

PROVOCACIÓN DO XOGO Á ESCRITA #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sendo o motor da actividade o libro "Un año en el bosque"

de Emilia Dziubak creamos unha nova provocación neste caso

referida ao inverno. Como é o bosque en xaneiro e en febreiro?

Imos descobrilo xogando, argallando e resolvendo un encrucillado.

Ven trebellar no espazo argalleiro!

 

Encrucillado de @moonima.

 

 

 

NOVOS OBRADOIROS DE PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Patios Vivos son un espazo de aprendizaxe e

xogo respectable coa infancia e co medio ambiente.

 

En moitas ocasións o xogo é libre, pero algunhas veces,

deseñamos obradoiros máis dirixidos.

Nesta ocasión, a maioría relacionados co proxecto

"Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e a fauna da nosa contorna.

Estas son as últimas propostas!

 Anexamos explicación dos obradoiros.

 

 

BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA!! #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Biblioteca Humana volta este ano con novidades dentro do proxecto "Lectura e familias"!

Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa.

Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos consciente do poder motivador

que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá...

veña á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento.

Por todas estas razóns e moitas máis, este curso abrímonos á creación

dun banco humano para abarcar tres grandes obxectivos:

 

a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber...

a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).

 

b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos

compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.

 

c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.

 

O centro recibíu unha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos.

Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material.

Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!!


 

 

 

 

 

OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar,

unha obra representada nun estado de alarma.

Este venres 13 celebramos que o texto brillara.

 

Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada.

Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes

 

(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas

fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara

polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra

na que non nos podíamos xuntar.

Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes.

E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos

os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas

controvertidas cheas de sensibilidade.

Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.

Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e

se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!

 

 

 

 

CLUB DE BAILE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Club de baile de 5º e 6º despide así o trimestre!

Felices Festas!

 

 

 

 

DOCES DE NADAL - COCIÑA ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta semana foron moitos os cursos que elaboraron doces de Nadal!

Aquí unha pequena mostra.

 

 

 

 

Distribuir contido