Skip to Content

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


As solicitudes pódense presentar no centro ou a través da aplicación. ADMISIÓN ALUMNADO

O modelo de solicitude pódese recoller no centro ou descargar aquí.

Convocatoria de axudas do Concello de Ribeira

Ata o 14 de setembro está aberto o prazo para solicitar axudas para libros, material escolar e comedor convocadas polo Concello de Ribeira.

Bases da convocatoria

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros de texto

Publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de adxudicacións do fondo de libros para o vindeiro curso.

Calendario escolar 2023-24

En educación infantil e educación primaria as actividades lectivas realizaranse do día 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:

–  Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos

Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

–  Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

O día non lectivo de libre disposición será o 20 de maio de 2024.

 

 

Publicación da listaxe definitiva de admitidos ao fondo de libros

No taboleiro do centro está exposta a listaxe definitiva de adxudicación de libros do fondo solidario.

Distribuir contido


by Dr. Radut